O salterio dos Apalaches (en inglés: Appalachian dulcimer), tamén coñecido como o Salterio das Montañas Apalaches (en inglés: Mountain Dulcimer ), é un instrumento de corda con trastes da familia das cítolas e salterios usado na música popular estadounidense. Procede da rexión dos Montes Apalaches, da que deriva o seu nome. Fíxose moi coñecido na década de 2000 debido ao uso constante que a cantante e actriz Cyndi Lauper fixo deste instrumento.
Produción A elaboración de salterios nos Apalaches adoita a ser feita por pequenas empresas familiares situadas no sur dos Estados Unidos e particularmente na rexión dos Montes Apalaches. O libro do luthier John Bailey ofrece instrucións para construír un salterio tradicional.
Fóra dos EEUU No Brasil, Dulcimer Brasil Dulcimer Brasil fabrica o salterio tradicional dos Apalaches, a variante "corteo", o "braço duplo" e o "curvado", que se toca cun arco.
No Brasil, o Salterio Apalache é usado pola banda de grunge e rock alternativo A Primitiva Sociedade Romântica.
Notas
Véxase tamén
Instrumentos de corda
Ligazóns externas
Dulcimer Players News, revista que se publica desde 1974, para entusiastas de salterios martelados e con trastes. Everything Dulcimer - comunidade en liña con artigos, listas e foros.
Categoría:Instrumentos de corda pulsada