Lorenzo Dontez Brown, nado o 26 de agosto de 1990 en Roswell, Xeorxia, é un xogador estadounidense con nacionalidade española de baloncesto profesional que xoga no Maccabi Tel Aviv BC da Ligat HaAl.

Traxectoria profesional Brown foi seleccionado na 52ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Minnesota Timberwolves. O 26 de setembro de 2013, Brown asinou o seu primeiro contrato profesional cos Timberwolves, pero foi cortado o 25 de outubro de 2013 sen chegar a debutar en partido oficial.

O 20 de novembro de 2013, Brown asinou cos Philadelphia 76ers. Debutou na NBA ese mesmo día, facendo 5 puntos contra os Toronto Raptors. Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Delaware 87ers, afiliado na NBA D-League dos Sixers. O 14 de marzo de 2014, Brown foi cortado polos Sixers.

O 28 de xaneiro de 2015, Brown asinou un contrato de dez días cos Minnesota Timberwolves. O 6 de febreiro de 2015, asinou un segundo contrato de dez días cos Timberwolves, e o 19 de febreiro asinou ata final de tempada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Zhejiang Golden Bulls Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Guangzhou Long-Lions Categoría:Xogadores do KK Crvena zvezda Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do UNICS Kazan Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de España Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024