As filaminas son unha calse de proteínas que manteñen xuntos dous filamentos de actina formando grandes ángulos. As proteínas filaminas en mamíferos están constituída por un dominio de unión á actina no seu N-terminal que é seguido por 24 módulos de repeticións similares a inmunoglobulinas de aproximadamente 95 aminoácidos. Teñen dúas rexións bisagras, situadas entre as repeticións 15-16 e 23-24. A filamina é cortada nestas rexións bisagra para xerar fragmentos menores da proteína. A filamina ten dous sitios de unión á actina con enlace V entre eles, así que crea enlaces cruzados entre os filamentos de actina formando unha rede cos filamentos orientados entre si case en ángulos rectos.

Entre as proteínas filaminas están: FLNA FLNB FLNC

A sobreexpresión de FLNA detén a rexeneración de células de carcinoma de vexiga, ao inhibir o ciclo celular e inducir a apoptose das células do carcinoma de vexiga. A FLNA tamén reduce as capacidades de mobilidade e invasión das células de carcinoma de vexiga.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Proteínas