Gryphaea é un xénero de moluscos mariños fósiles da clase dos bivalvos, subclase dos pteriomorfios, orde dos ostreidos, superfamilia dos ostreoides, que é o tipo da familia dos grifeidos.Gryphaea Lamarck, 1801 † no WoRMS. Consultado o 27 de agosto de 2022.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1801 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente váliddo, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimos: Gryphaea (Africogryphaea) , 1965 † (representación alternativa) Gryphaea (Bilobissa) , 1971 † (representación alternativa) Gryphaea (Gryphaea) Lamarck, 1801 † (representación alternativa) Liogryphaea Fischer, 1886 †

Especies No xénero recoñécense na actualidade as seguintes tres especies: Gryphaea arcuata Lamarck, 1801 † Gryphaea bilobata J. de C. Sowerby, 1840 † Gryphaea costellata (Douvillé, 1816) †

Características Estas especies, que habitaron entre os períodos Xurásico e Eoceno (entre os 208 e os 36,6 millóns de anos), vivían sobre o solo mariñno, a pouca profundidade, e posibelmente en grandes colonias. Os fósiles de Gryphaea caracterízanse por teren as dúas valvas articuladas e ben diferenciadas: unha valva esaxeradamente curvada, afundida polo seu propio peso na lama mariña, e a outra pequena e plana que tería a función de "tapa". A valva máis grande asentábase sobre o fondo marinño. O animal vivía entre as dúas valvas, como as ostras actuais, a as bandas de crecemento que presentan as dúas valvas son moi características.

Esta forma particular da concha responde á adaptación a un fondo mariño móbil. O rápido crecimiento da valva inferior (esquerda) permitíalle ao animal elevarse sobre as turbulencias do fondo lameiro, e a estabilidade estaba garantida polo grosor desta valva inferior.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gould, Stephen J. (1980): The Evolution of Gryphaea. Arno Press. ISBN 0-4051-2751-0. Douglas S. Jones & Stephen Jay Gould (1999): "Direct measurement of age in fossil Gryphaea: the solution to a classic problem in heterochrony". Paleobiology 25 (2): 158-187.

Outros artigos Pteriomorfios Ostreidos Ostreoides Grifeidos

Ligazóns externas Devils' Toenails in Warwickshire . Gryphaea .

Categoría:Ostreidos