Correspondencia entre unidades xeocronolóxicas e cronoestratigráficasXeocronolóxicas(tempo)Cronoestratigráficas(corpos de rocha) EónEonotema Era Eratema Período Sistema Época Serie Idade PisoCron Cronozona
O piso é unha unidade cronoestratigráfica formal que representa o conxunto de rochas formadas durante un determinado tempo da historia xeolóxica.
Cada piso é equivalente a unha idade da escala temporal xeolóxica, cunha duración media de poucos millóns de anos.Comisión Estratigráfica Internacional "Chapter 9. Chronostratigraphic Units». En: International stratigraphic guide.
Hai 99pisos definidos ou en proceso de definición, que cobren todo o Fanerozoico (sen contar o Holoceno), e que por convenio teñen o mesmo nome que as sús idade correspondente.As rochas precámbricas non se puideron diferenciar a nivel de piso, polo que as divisións menores para a escala cronoestratigráfica global para o Precámbrico se recoñerceron até a categoría de sistema.
Os pisos agrúpanse en series, ao igual que as idades se agrupan en épocas (equivalentes unha a unha as series). Os pisos poden subdividirse en unidades estratigráficas máis pequenas, cronozonas ou biozonas, segundo se usen criterios magnetoestratigráficos ou bioestratigráficos respectivamente.
Notas
Categoría:Estratigrafía