miniatura|Selo de Illinois

A Asemblea Xeral de Illinois (en inglés, Illinois General Assembly) é o parlamento do estado de Illinois, Estados Unidos. A súa sede está no Capitolio Estatal de Illinois en Springfield. Os seus 177 membros son escollidos por sufraxio universal e exercen o poder lexislativo. O nacemento da Asemblea Xeral derívase da Constitución de Illinois de 1818, a primeira do estado. Dous presidentes dos Estados Unidos comezaron a súa traxectoria política na Asemblea Xeral de Illinois, foi o caso de Abraham Lincoln, representante entre 1834 e 1842, e Barack Obama, senador entre 1996 e 2004.

Composición O artigo 4º da Constitución de Illinois, a actual é do ano 1970, determina que a Asemblea Xeral compose de dúas cámaras:

Senado: integrado por 59 membros que representan a cadanseu distrito. Como función exclusiva do Senado está a ratificación ou rexeitamento determinados nomeamentos feitos polo gobernador de Illinois. Os mandatos dos senadores son de catro anos, aínda que unha vez por década o mandato redúcese a dous anos. Esta variación é para facela casar coa redistribución que dos distritos electorais faga a Asemblea Xeral en función dos datos o Censo dos Estados Unidos, que se elabora cada dez anos. Cámara de Representantes: conta 118 membros electos por igual número de distritos. Os mandatos dos representantes duran 2 anos e non hai límite de mandatos.

miniatura|Capitolio Estatal de Illinois, Springfield.

Proceso lexislativo Cando un lexislador pretende facer unha proposta de lei, primeiramente debe dirixirse aos servizos xurídicos da Asemblea, onde o orientarán sobre de que xeito redactala para ser precisa e adecuada. Unha vez feito, debe presentala nos rexistros da cámara á que pertenza. Logo, procédese á presentación, chamada primeira lectura, e remítese a un comité. No comité, a proposta é valorada e debatida, de non ser rexeitada, o proceso lexislativo prosegue e chega ao pleno da cámara. Alí debátense as emendas e vótase a lei. É entón cando pasa á outra cámara e no caso de ser modificado o proxecto a outra debe votalo tamén. Unha vez votada na Asemblea Xeral, a lei é remitida ao gobernador para a súa entrada en vigor. Se o gobernador veta a lei, a Asemblea Xeral pode revogalo se así o votan tres quintos terzos de cada cámara.

As leis de cada lexislatura son complicadas nunha publicación oficial denominada Laws of Illinois (en galego, Leis de Illinois).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Illinois Abraham Lincoln Barack Obama

Ligazóns externas

Sitio web da Asemblea Xeral de Illinois (en inglés)

Categoría:Illinois Categoría:Política dos Estados Unidos de América Categoría:Parlamentos