Toktar Ongarbaiuli Aubakirov, nado en Karkaralinsk, Karaganda (Kazakhstán), o 17 de xullo de 1946, é un cosmonauta soviético e ruso retirado que formou parte das misións Soiuz TM-12 e Soiuz TM-13.

Traxectoria Aubakirov graduouse no Instituto da Forza Aérea da Unión Soviética como paracaidista e piloto de probas. Adestrou para ser cosmonauta entre xaneiro e setembro de 1990, participando nas misións Soiuz TM-12 e Soiuz TM-13 e pasando un total de 7,93 días. A partir de xaneiro de 1993 foi director xeral da Axencia Nacional Aeroespacial da República de Kazakhstán e membro do parlamento ata xubilarse.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM-12 Soiuz TM-13

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Kazakhstán