Konrad Bloch, de nome completo Konrad Emil Bloch nado en Neisse, Silesia, que hoxe é a cidade de Nysa, en Polonia o 21 de xaneiro de 1912 e finado o 15 de outubro de 2000, foi un químico alemán-polaco-estadounidense.
Traxectoria esquerda|miniatura| Placa de Konrad Bloch, en Nysa . esquerda|miniatura|Konrad Bloch coa súa familia en Estocolmo, 1964
Formación Estudou química na Escola Técnica Superior de Múnic, especializándose en química orgánica.
Migración e docencia De orixe xudía, tras o ascenso ao poder do partido nazi emigrou a Suíza e tras permanecer alí dous anos emigrou aos Estados Unidos onde adquiriu a nacionalidade en 1944. Traballou no Departamento de Bioquímica da Universidade Columbia onde recibiu o seu doutoramento. Máis tarde pasou a traballar no departamento de Química da Universidade de Cambridge, Massachusetts, e na Universidade de Chicago. Obtivo a cátedra de bioquímica da Universidade de Harvard.
Investigación e recoñecemento Independentemente de Feodor Lynen, quen tamén tiña estudado en Múnic, dedícouse ao estudo do proceso de síntese do colesterol, descubrindo que o ácido acético é o inicio dunha sucesiva cadea de reaccións químicas cuxo produto final é o colesterol. Ambos os investigadores contribuíron ao coñecemento do metabolismo intermediario de graxas e lípidos. Os avances neste campo foron determinantes no estudo das enfermidades circulatorias e no tratamento posterior da arteriosclerose.
Foi un dos últimos investigadores en descubrir o importante papel do colesterol na formación de hormonas sexuais, un descubrimento que abriu o camiño para a biosíntese de esteroides activos.
Recibiu, xunto con Feodor Lynen, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1964.
En 1985, Bloch converteuse en membro da Royal Society. En 1988, recibiu a Medalla Nacional da Ciencia.
Vida persoal Bloch e a súa esposa Lore Teutsch coñecéronse por primeira vez en Múnic. Casaron nos Estados Unidos en 1941. Tiveron dous fillos, Peter Conrad Bloch e Susan Elizabeth Bloch, e dous netos, Benjamin Nieman Bloch e Emilie Bloch Sondel. Viviron durante moitas décadas no enclave Six Moon Hill de Lexington, Massachusetts. Era afeccionado ao esquí, ao tenis e á música. Konrad morreu en Burlington, Massachusetts de insuficiencia cardíaca conxestiva no 2000, aos 88 anos. Lore Bloch morreu en 2010 aos 98 anos.obituaries/name/lore-bloch-obituary?pid=139869210 Lore Bloch Obituary - Lexington, Massachusetts. Legacy.com. Consultado o 31-07-2020.Obituario de Lore Bloch - Lexington , MA | Boston Globe. Legacy.com (21-02-2010). Consultado o 31-07-2020. Predecesor:John Carew EcclesAlan Lloyd HodgkinAndrew Fielding Huxleycentro|30x30pxPremio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1964Sucesor:François JacobAndré LwoffJacques Monod
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Konrad Bloch, Nobel Lecture, The biological synthesis of cholesterol, 11 de decembro de 1964 Eugene P. Kennedy, «Konrad Bloch», Biographical Memoirs – Proceedings of the American Philosophical Society (vol. 147, no. 1, 2003, pp. 67–72)
Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:National Medal of Science Categoría:Membros estranxeiros da Royal Society Categoría:Profesores da Universidade de Chicago Categoría:Profesores da Universidade Estatal de Florida Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Premios Nobel de Alemaña Categoría:Químicos de Alemaña