Ellen Louise Shulman Baker, nada en Fayetteville, Carolina do Norte, o 27 de abril de 1953, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte das misións STS-34, STS-50 e STS-71.

Traxectoria Baker graduouse en xeoloxía na Universidade de Buffalo en 1974 e ten un doutoramento en medicina pola Universidade Cornell en 1978 e un máster en Saúde Pública pola Escola Universitaria de Saúde Pública de Texas en 1994. Foi seleccionada como astronauta pola NASA en maio de 1984. Participou nas misións STS-34, STS-50 e STS-71, pasando un total de 28,60 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-34 STS-50 STS-71

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Carolina do Norte