Michael Reed Barratt, nado en Vancouver, condado de Clark, estado de Washington, o 16 de abril de 1959, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-133 e Soiuz TMA-14 e foi membro das expedicións 19 e 20 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Barratt graduouse en zooloxía pola Universidade de Washington en 1981 e en medicina pola Universidade do Noroeste en 1985, facendo tres anos de residencia en medicina interna na mesma universidade. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xullo de 2000. Participou nas misións STS-133 e Soiuz TMA-14 e foi membro das expedicións 19 e 20 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 211,49 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Expedición 19 Expedición 20
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Washington