Alfredo Elías Iglesias Otero, coñecido ás veces como Fred Iglesias, nado en Ourense en 1969 e finado en Calo (Teo), o 16 de xaneiro de 2021, foi un fotógrafo e escritor galego.

Traxectoria Deseñador e artista, graduouse en Artes na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago, e especializouse en fotografía. Posteriormente fixo un máster en Deseño e Comunicación Multimedia no Instituto Tracor (Madrid). Traballou como locutor radiofónico, guionista televisivo (Miss Galicia, Buscando unha estrela), ilustrador e creativo publicitario.

En 2007 publicou a súa primeira novela, que promoveu contratando un actor para que posase case espido no escaparate dunha librería lendo a novela.

Durante un tempo (2009-...) foi codirector de arte na empresa de deseño de moda Alalá, a canda o seu home, o xastre Álex Regueiro. Posteriormente fundaron e dirixiron a revista de cultura e tendencias compostelá Coralia.

Premios Os premios que outorga a revista Coralia desde o ano 2022 levan o seu nome.

Premio Rodolfo Prada á xestión cultural (categoría especial), outorgado pola Deputación de Ourense.

Obra

Los cuerpos incompletos (Egales, 2007) ISBN 978-84-88052-47-6 Mediterránea, la isla prohibida (Ficticia, 2009) ISBN 978-8461277612

Notas

Categoría:Escritores LGBT de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1969 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes