O Señor dos Aneis: Os aneis de poder (en ) é unha serie de televisión estadounidense baseada na novela O Señor dos Aneis, e os seus apéndices, escrita de J. R. R. Tolkien. Desenvolvida por J. D. Payne e Patrick McKay para Amazon Prime Video, a serie está ambientada na Segunda Idade da Terra Media, miles de anos antes dos eventos das obras O hobbit e O Señor dos Aneis de Tolkien. Foi producida por Amazon Studios, xunto con Tolkien Estate, the Tolkien Trust, HarperCollins e New Line Cinema.

Estreouse en Amazon Prime Video con versión dobrada e subtitulada ao galego o 2 de setembro de 2022. O texto da dobraxe foi traducido por Magdalena Sánchez e o do subtitulado por Lucía Doval.

Sinopse Ambientado miles de anos antes dos eventos das obras O hobbit e O Señor dos Aneis, a serie está baseada na historia do autor J. R. R. Tolkien sobre Terra Media. Comeza durante un tempo de relativa paz e abrangue todos os principais acontecementos da Segunda Idade da Terra Media: a forxa dos aneis de poder, o alzamento do señor escuro Sauron, a caída do reino insular de Númenor, e a última alianza entre os elfos e os homes. Estes acontecementos teñen lugar ao longo de miles de anos nas historias orixinais de Tolkien pero están condensados ​​para a serie.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión de Prime Video Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega