Höör é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania. A súa capital é Höör. En decembro de 2024 a poboación do concello era de 17 518 habitantes.
O concello de Höör está incluído dende o ano 2005 na área metropolitana de Malmö (Stormalmö).
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Bosjökloster, Gudmuntorp, Hallaröd, Höör, Munkarp, Norra Rörum e Tjörnarp. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862.
A localidade municipal de Höör estableceuse o 25 de outubro de 1901 e disolveuse en 1939 ao fundarse o köping de Höör como unha escisión do concello rural de Höör.
Coa reforma municipal de 1952 formáronse, a través de fusións de municipios, os concellos rurais de Norra Frosta, Sösdala e Snogeröds. O köping permaneceu sen cambios.
En 1969 incorporáronse no köping o concello rural de Norra Frosta, unha parte do de Sösdala (Tjörnarp) e partes do de Snogeröds (Bosjökloster e Gudmuntorp). O concello de Höörs naceu coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do köping do mesmo nome.
Dende a súa fundación ata o ano 2002 o concello pertenceu ao partido xudicial de Eslöv e dende entón ao de Lund.
Xeografía O concello de Höör atópase no centro do condado de Escania e limita ao norte co municipio de Hässleholm, ao leste co de Hörby, ao suroeste co de Eslöv e ao noroeste co de Klippan. O lago Ringsjön separa a parte sur do muncicipio do resto.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Escania