The Sandman é unha serie de televisión estadounidense de drama e fantasía. Está baseada na banda deseñada de 1989–1996, escrita por Neil Gaiman e publicada por DC Comics. A serie foi desenvolvida por Gaiman, David S. Goyer e Allan Heinberg para o servizo de streaming Netflix, e foi producida por DC Entertainment e Warner Bros. Television.
Historia Ao igual que a banda deseñada, The Sandman conta a historia de Dream/Morpheus, o protagonista de Sandman. A serie está protagonizada por Tom Sturridge, xunto con Boyd Holbrook, Vivienne Acheampong e Patton Oswalt.
The Sandman estreouse o 5 de agosto de 2022 en Netflix, onde conta cunha versión subtitulada en galego.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming Neil Gaiman Miguelanxo Prado (debuxante da publicación colectiva de The Sandman: Endless Nights, xunto a Dave McKean, Milo Manara e Bill Sienkiewicz entre poutros, premio Eisner á mellor antoloxía)
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión con versión galega