1967 (MCMLXVII) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano. Foi declarado Ano Internacional do Turista pola Organización das Nacións Unidas.
Acontecementos
8-26 de xaneiro - Operación Cedar Falls, na cal 14 000 soldados estadounidenses e 16 000 de Vietnam do Sur estiveron involucrados. 15 de xaneiro - Primeira participación do Reino Unido nas negociacións da Comunidade Económica Europea. 26 de xaneiro - O Parlamento Británico decide nacionalizar o 90% da industria do aceiro do país. 27 de xaneiro - Incendio do Apollo 1 durante un ensaio que causa a morte de tres astronautas. 5 de febreiro - O xeneral Anastasio Somoza Debayle torna presidente de Nicaragua. 22 de febreiro - Suharto toma o poder de Sukarno na Indonesia. 1 de marzo - A policia brasileira captura Franc Paul Stangli, ex-comandante dos campos de concentración de Treblinka e Sobibór. 4 de abril - Martin Luther King denuncía a Guerra de Vietnam durante un sermón en Nova York. 28 de abril - En Houston, Texas, o boxeador Cassius Clay recusa prestar o servizo militar. 30 de maio - Biafra, no leste de Nixeria, anuncia a súa independencia. 5 de xuño - Comeza a Guerra dos Seis Días: Israel ocupa os Altos do Golán, a Cisxordania, Gaza e a Península do Sinaí. 13 e 15 de xullo - Disturbios raciais en Newark (13) e Detroit (15 de xullo). 16 de xullo - O cardeal Quiroga Palacios dá a súa primeira misa en galego con motivo da consagración do novo templo parroquial de Aguiño, primeiro templo da era moderna con inscricións en galego. 10 de setembro - En Xibraltar, apenas 44 de 12 182 votantes apoian a union coa España. 6 de novembro - O parlamento da República de Rodesia aproba leis racistas. 3 de decembro - O médico Christiaan Barnard realiza o primeiro transplante de corazón do mundo en Suráfrica. 13 de decembro - Lanzamento de Pioneer 8 para o estudo do espazo interplanetario.
Nacementos 1 de xaneiro - Juanma Bajo Ulloa, director español de cine. 2 de xaneiro - Tia Carrere, actriz hawaiana. 10 de febreiro - Laura Dern, actriz estadounidense. 18 de febreiro - Roberto Baggio, futbolista italiano. 19 de febreiro - Benicio del Toro, actor portorriqueño. 20 de febreiro - Kurt Cobain músico estadounidense (m. 1994) 4 de marzo - Evan Dando, músico estadounidense. 17 de marzo - Billy Corgan, músico estadounidense. 22 de marzo - Mario Cipollini, ciclista italiano. 6 de xuño - Vladimir Burmakin, xadrecista ruso. 19 de xuño - Mia Sara, actriz estadounidense. 20 de xuño - Nicole Kidman, actriz estadounidense. 1 de xullo - Pamela Anderson, actriz estadounidense. 28 de outubro - Julia Roberts, actriz estadounidense. 13 de novembro - Juhi Chawla, actriz india 9 de decembro - Joshua Bell, violinista estadounidense. 21 de decembro – Mihail Saakasvili, político de Xeorxia. novembro - Hanro Smitsman, cineasta holandés.
Mortes 3 de xaneiro - Jacob Leon Rubenstein, asasino de Lee Harvey Oswald. 4 de xaneiro - Donald Campbell, piloto de carreiras de automóbiles e embarcacións británico. 22 de xaneiro - Harry Stephen Keeler, escritor norteamericano (n. 1890). 31 de xaneiro - Ulpiano Villanueva Castro, médico galego (n. 1900). 18 de febreiro - Robert Oppenheimer, físico estadounidense. 31 de marzo - Aleksandr Bakulev, cirurxián ruso (n. 1890). 19 de abril - Konrad Adenauer, chanceler alemán. 28 de abril - Ramiro Vidal Carrera, xornalista e político galego (n. 1887). 14 de maio - Ramón Rodríguez Varela, Curuxás, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1904). 19 de maio - María Mariño Carou, escritora galega (n. 1907). 10 de xuño - Spencer Tracy, actor estadounidense (n.1900) 6 de xullo - Luciano Vidán Freiría, banqueiro e político galego.
17 de xullo - John Coltrane, saxofonista e compositor estadounidense de jazz (n. 1926)
17 de xullo - Plácido Castro escritor, xornalista e tradutor galego (n. 1902). 24 de xullo - Lois Peña Novo, político e escritor galego.
24 de xullo - Raquel Lesteiro López, arquiveira e hispanista galega (n. 1902). 5 de agosto - Sebastián González García-Paz, historiador e arqueólogo galego (n. 1908). 16 de agosto - René Magritte, pintor surrealista belga. 31 de agosto - Juan Rof Codina, veterinario e agrarista. 31 de agosto - Ilya Ehrenburg, escritor e periodista soviético. 18 de setembro - Uxío Carré Alvarellos, escritor galego. 18 de setembro - John Cockcroft, físico británico, Premio Nobel de Física (n.1897).
25 de setembro - Eduardo Aunós, político español (n. 1894). 29 de setembro - Carson McCullers, escritora norteamericana (n. 1917). 7 de outubro - Norman Angell, político británico, Premio Nobel da Paz (n. 1872). 8 de outubro - Clement Attlee, primeiro ministro británico (n. 1883). 9 de outubro - Che Guevara, asasinado en Bolivia, un día despois de ser capturado (n. 1928). 9 de outubro - Helí Rolando Tella Cantos, militar galego (n. 1988). 9 de outubro - Cyril Norman Hinshelwood, químico británico, Premio Nobel (n. 1897). 16 de outubro - Joaquín Pintos, fotógrafo galego (n. 1881). 10 de decembro - Otis Redding, cantante estadounidense (n.1941).
Premios Nobel Física: Hans Bethe Química: Manfred Eigen, Ronald George Wreyford Norrish e George Porter Fisioloxía ou Medicina: Ragnar Granit, Haldan Keffer Hartline e George Wald Literatura: Miguel Ángel Asturias Paz: Non concedido
Día das Letras Galegas dedicado a: Manuel Curros Enríquez
Outros Historia ano a ano
Categoría:1967