1998 (MCMXCVIII) foi un ano común comezado en xoves no calendario gregoriano.
Acontecementos 2 de xaneiro - Ernesto Zedillo, presidente de México, destitúe o ministro do Interior, Emilio Chuayffet, como responsábel da matanza de Chiapas o 22 de decembro. 2 de xaneiro - Comandos integristas asasinan a 412 persoas en tres aldeas de Relizan (Alxeria). 13 de xaneiro - O buque Discoverer Enterprise racha as estachas de madrugada e vai bater contra a Ponte das Pías, deixando a Ferrol sen a súa principal vía de comunicación. 1 de xuño - Constitúese o Banco Central Europeo. 1 de novembro - Institúese o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. 11 de novembro - Primeiro correo electrónico enviado desde Galicia, entre a Facultade de Física de Santiago de Compostela e Alemaña "Aquel primer 'e-mail' gallego", en La Voz de Galicia 24.11.2020. Publícase O lapis do carpinteiro, unha das novelas de maior éxito do escritor galego Manuel Rivas
Nacementos 17 de xullo - Filipe Xoán Froilán de Tódolos Santos, fillo da Infanta Dona Helena e Jaime de Marichalar. 24 de xullo - Bindi Irwin, actriz e cantante australiana-estadounidense.
Mortes
Xaneiro 1 de xaneiro - Helen Wills Moody, tenista estadounidense. 4 de xaneiro - Mae Questel, actriz estadounidense. 4 de xaneiro - Francisco Rodrigo, poeta e político filipino. 4 de xaneiro - Ariel Henrìquez Castillo, músico, compositor e cantante colombiano. 4 de xaneiro - Carlo Ludovico Bragaglia, cineasta italiano. 5 de xaneiro - Sonny Bono, cantante, actor e político estadounidense (n. 1935). 7 de xaneiro - Vladimir Prelog, químico croata, Premio Nobel de Química en 1975. (n. 1906). 9 de xaneiro - Kenichi Fukui, químico xaponés, Premio Nobel de Química en 1981 (n. 1918). 15 de xaneiro - Junior Wells, músico estadounidense (n. 1934). 19 de xaneiro - Carl Perkins, músico estadounidense (n. 1932). 31 de xaneiro - Jaume Fuster, escritor e político catalán.
Febreiro 7 de febreiro - Antón Risco, escritor galego (n. 1926). 8 de febreiro - Halldór Laxness, escritor islandés, Premio Nobel de Literatura (n. 1902). 26 de febreiro - Theodore Schultz, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía (n. 1902). 27 de febreiro - George H. Hitchings, científico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1905).
Marzo 11 de marzo - Manuel Piñeiro Losada, político e militar cubano, de orixe galega (n. 1933). 16 de marzo - Derek Harold Richard Barton, químico británico, Premio Nobel de Química en 1969 (n. 1918).
20 de marzo - Agustín Gómez Arcos, escritor español (n. 1933).
Abril 19 de abril - Octavio Paz, diplomático e escritor mexicano, Premio Nobel de Literatura (n. 1914). 21 de abril - Jean-François Lyotard, filósofo francés. 23 de abril - Constantine Karamanlis, político grego (n. 1907). 27 de abril - Carlos Castaneda, antropólogo e escritor norteamericano de orixe brasileira.
Maio 7 de maio - Allan McLeod Cormack, físico surafricano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1924). 14 de maio - Gabriel Guimarães, matemático, youtubeiro e divulgador portugués. 14 de maio – Frank Sinatra, cantante estadounidense (n. 1915). 19 de maio - Sosuke Uno, primeiro ministro do Xapón (n. 1922).
Xuño 14 de xuño - Ricardo Núñez Lissarrague, actor e director de cine galego. 28 de xuño - Kamala Sohonie, bioquímica hindú (n. 1912).
Xullo 22 de xullo - Hermann Prey, barítono alemán (n. 1929). 25 de xullo - Abdul-Ahad Raban, relixioso caldeo, bispo de Aqra.
Agosto 6 de agosto - Arturo Cuadrado, escritor e político galego. 26 de agosto - Frederick Reines, físico estadounidense, Premio Nobel de Física (n. 1918).
Setembro 6 de setembro - Akira Kurosawa, director de cine xaponés (n. 1910). 21 de setembro - Florence Griffith Joyner, atleta estadounidense (n. 1959). 24 de setembro - Pedro de Llano López, xornalista e escritor galego (n. 1919). 26 de setembro - Betty Carter, cantante de jazz estadounidense (n. 1930).
Outubro 28 de outubro - Ted Hughes, poeta británico.
Novembro 6 de novembro - Niklas Luhmann, sociólogo alemán (n. 1927).
Decembro 7 de decembro - Martin Rodbell, científico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1925). 14 de decembro - Xosé Luís Fontenla Méndez, mestre e político galego (n. 1915). 15 de decembro - Antón Viana Conde, avogado e político galego (n. 1924).
20 de decembro - Alan Lloyd Hodgkin, científico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1914).
Premios Nobel Física: Robert B. Laughlin, Horst L. Störmer e Daniel C. Tsui Química: Walter Kohn e John Pople Fisioloxía ou Medicina: Robert F. Furchgott, Louis J. Ignarro e Ferid Murad Literatura: José Saramago Paz: John Hume e David Trimble Economía: Amartya Sen
Día das Letras Galegas dedicado a: Martín Codax Xohán de Cangas Mendinho
Notas
Historia ano a ano
Categoría:1998