1886 (MDCCCLXXXVI) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos 2 de xaneiro, Francia establece o seu protectorado en Madagascar. 1 de maio, comeza unha folga xeral de traballadores en Chicago para pedir a xornada laboral de oito horas, morren ducias de obreiros polos disparos da policía. É a orixe do Día Internacional dos Traballadores.
19 de setembro, pronunciamento republicano en Madrid do xeneral Manuel Villacampa del Castillo. 1 de outubro, aparece en Santiago de Compostela o xornal La Región Gallega dirixido por Manuel Murguía. 28 de outubro, nos Estados Unidos, o presidente Grover Cleveland inaugura a Estatua da Liberdade. Eugene Goldstein produciu raios anódicos.
Nacementos 30 de xaneiro - Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, intelectual galego. 16 de febreiro - Alejandro Mon Landa Landa, político galego. 1 de marzo - Oskar Kokoschka, artista austríaco. 2 de marzo - Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, arquitecto e compositor musical galego (m. 1973). 20 de marzo - Felipe Bello Piñeiro, pintor (m. 1952). 27 de marzo - Ludwig Mies van der Rohe, arquitecto alemán. 2 de maio - Gottfried Benn, poeta alemán. 17 de maio - Afonso XIII, rei de España. 29 de maio - Leopoldo Basa Villadefrancos, xornalista e escritor galego (m. 1947). 28 de xuño - Nino Còsta, escritor piemontés. 23 de xullo - Salvador de Madariaga, escritor e diplomático galego. 15 de agosto - Karl Korsch, filósofo marxista alemán. 3 de outubro - Alain-Fournier, escritor francés. 17 de outubro - José María Mosqueira Manso, mariño, biólogo e historiador galego (m. 1968). 22 de outubro - Johán Vicente Viqueira, escritor galego. 14 de novembro - Florentino López Cuevillas, arqueólogo e escritor galego (m. 1956). 19 de novembro - Luís Brage Villar, músico e compositor galego (n. 1959). 20 de novembro - Karl von Frisch, zoólogo austríaco, pai da Etoloxía. 3 de decembro - Manne Siegbahn, físico sueco, premio Nobel de Física en 1924. 8 de decembro - Diego Rivera, pintor mexicano. Mortes 30 de marzo - José Benito Amado Boullosa, político galego (n. 1882). 15 de maio - Emily Dickinson, poeta estadounidense (n. 1830). 10 de xuño - Florencio Rodríguez Vaamonde, político galego. 19 de xullo - Cesário Verde, poeta portugués. 31 de xullo - Franz Liszt, compositor húngaro. 23 de setembro - Pierre Marie Édouard Lamy de la Chapelle, botánico francés. 21 de outubro - José Hernández, escritor arxentino, autor do Martín Fierro. 19 de novembro - José María Posada Pereira, poeta e xornalista galego. 2 de novembro - Théodore Aubanel, escritor provenzal.
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1886