1908 (MCMVIII) foi un ano bisesto comezado en mércores no calendario gregoriano.
Acontecementos miniatura|300px|Galegos traballando na Canle de Panamá, en 1908. 2 de xaneiro - Suspéndense as garantías constitucionais en Barcelona e Xirona a causa dunha onda de terrorismo. 1 de febreiro - Morren nun atentado en Lisboa Carlos I, rei de Portugal, e o príncipe herdeiro, Lois Filipe de Braganza. 15 de febreiro - As tropas españolas ocupan Restinga, preto de Melilla. 17 de febreiro - Estalan dúas bombas en Barcelona (España). 18 de febreiro - O Congreso español aproba a creación do Instituto Nacional de Previsión. 23 de febreiro - Constitúese en Pontevedra o Directorio Antiforista de Teis. 2 de abril - É soterrado na Coruña Curros Enríquez despois de grandes honras fúnebres e procedente de Cuba. 21 de xuño - 250 000 sufraxistas reúnense en Hyde Park (Londres) para reclamar o dereito ao voto feminino. 15 de agosto - Iníciase en Monforte de Lemos a I Asemblea Agraria de Galicia. 24 de setembro - Sae dunha liña de montaxe o primeiro Ford Modelo T, o primeiro automóbil en ser fabricado en masa. A súa produción chegou a ser de máis de 15 millóns de unidades. 5 de outubro - O Imperio Austrohúngaro anexiona Bosnia e Hercegovina. 23 de decembro - Francia e Bélxica asinan un tratado para demarcar as fronteiras na parte baixa do Congo.
Nacementos 9 de xaneiro - Simone de Beauvoir, filósofa, feminista e escritora francesa (m. 1986). 28 de xaneiro - Urbano Lugrís, pintor galego (m. 1973). 23 de febreiro - Xosé Otero Abeledo Laxeiro, pintor lalinense (m. 1996). 29 de febreiro - Balthus, artista polaco-francés. 14 de marzo - Maurice Merleau-Ponty, filósofo francés. 5 de abril - Herbert von Karajan, director de orquestra austríaco. 12 de abril - André Martinet, lingüista francés. 29 de abril - Manuel García Gerpe, avogado e político galego. 16 de maio - Sebastián González García-Paz, historiador e arqueólogo galego. 28 de maio - Ian Fleming, novelista británico. 13 de xuño - Maria Helena Vieira da Silva, pintora portuguesa, naturalizada francesa. 26 de xuño - Salvador Allende, presidente de Chile (1970-1973). 22 de agosto - Henri Cartier-Bresson, fotógrafo francés. 9 de setembro - Cesare Pavese, escritor italiano. 18 de setembro - Viktor Amazaspovich Ambartsumian, astrónomo armenio. 10 de outubro - Mercè Rodoreda, escritora catalá. 15 de outubro - John Kenneth Galbraith, economista estadounidense. 16 de outubro - Enver Hoxha, político albanés. 22 de outubro - Benigno Andrade García, guerrilleiro galego. 25 de outubro - Manuel Mur Oti, director de cine, guionista e escritor galego (m. 2003). 4 de novembro - Joseph Rotblat, físico polaco. 8 de novembro - Agustí Bartra i Lleonart, escritor catalán (m. 1982). 25 de novembro - Jenaro Marinhas del Valle, escritor galego (m. 1999). 28 de novembro - Claude Lévi-Strauss, antropólogo francés. 11 de decembro - Carlos Arias Navarro, presidente do Goberno de España (1974-1976). 17 de decembro - Willard Frank Libby, químico estadounidense. 24 de decembro - Amando Losada, avogado e político galego (m. 1980). 31 de decembro - Simón Wiesenthal, investigador de crimes de guerra austríaco.
Mortes 9 de febreiro - Clara Corral Aller, poeta galega (n. 1847). 3 de marzo - Benigno Quiroga Ballesteros, político galego (n. 1848). 7 de marzo - Manuel Curros Enríquez, escritor galego. 11 de marzo - Edmondo de Amicis, escritor italiano. 3 de maio - Manuel Rodríguez Rodríguez, filólogo e escritor galego. 13 de xuño - Antonio Aguilar Correa, político español (n. 1824). 21 de xuño - Nikolai Rimskii-Korsakov, compositor ruso. 22 de xullo - Sir William Randal Cremer, pacifista británico, premio Nobel da Paz en 1903. 25 de agosto - Henri Becquerel, físico francés descubridor da radioactividade. 20 de setembro - Pablo Sarasate, violinista e compositor español. 20 de setembro - Nicolás Salmerón, presidente da I República Española (1873). 29 de setembro - Joaquim Maria Machado de Assis, escritor brasileiro. 8 de novembro - Victorien Sardou, dramaturgo francés. 14 de novembro - Guangxu, emperador da China da dinastía Qing. 20 de novembro - Georgy Voronoi matemático ruso.
Premios Nobel Nobel de Física: Gabriel Lippmann Nobel de Química: Ernest Rutherford Nobel de Fisioloxía ou Medicina: Ilya Ilyich Mechnikov e Paul Ehrlich Nobel de Literatura: Rudolf Eucken Nobel da Paz: Klas Pontus Arnoldson e Fredrik Bajer
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1908