1872 (MDCCCLXXII) foi un ano bisesto comezado en luns segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos 2 de xaneiro, Brigham Young presidente da igrexa dos Mormóns é arrestado por poligamia (tiña 25 esposas). Revolución popular en Ferrol pedindo a república federal. 21 de abril - Comeza a terceira guerra carlista.
Arte e cultura Publícase a segunda edición, corrixida e aumentada, de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Jules Verne publica A volta ao mundo en oitenta días. Samuel Butler publica Erewhon.
Nacementos 4 de xaneiro - José Baña Pose, escritor galego (m. 1945). 9 de xaneiro - Ivar Lykke, primeiro ministro de Noruega (m. 1949). 17 de xaneiro - Henri Masson, esgrimista francés (m. 1963). 20 de xaneiro - Ramón Ferreiro Lago, notario e escritor galego (m. 1962). 23 de xaneiro Paul Langevin, físico francés (m. 1946). Jože Plečnik, arquitecto esloveno (m. 1957). 18 de febreiro - Domingo Miral y López, filólogo, pedagogo e escritor aragonés (m. 1942). 22 de febreiro - Santiago Iglesias, político e sindicalista galego (m. 1939). 7 de marzo - Piet Mondrian, pintor holandés (m. 1944). 14 de marzo - Francisco Romero Molezún, médico galego (m. 1938). 28 de marzo - José Sanjurjo Sacanell, militar español (m. 1936). 31 de marzo Sergei Diagilev, fundador dos Ballets Rusos (m. 1929). Alexandra Kollontai, revolucionaria rusa (m. 1952). 4 avril - Henry Bataille, dramaturgo e poeta francés (m. 1922). 7 de abril - Marie Equi, médica estadounidense (m. 1952). 9 de abril - Léon Blum, político francés (m. 1950). 10 de maio - Marcel Mauss, antropólogo francés. 18 de maio - Bertrand Russell, matemático e filósofo británico (m. 1970). 31 de maio - Charles Greeley Abbot, astrofísico e astrónomo estadounidense (m. 1973). 6 de xuño - Alexandra Feodorovna Romanova, emperatriz consorte de Rusia (m. 1918). 18 de xuño - Ana de Castro Osório, escritora portuguesa (m. 1935). 26 de xuño - Juan Beltrán, xornalista e escritor galego (m. 1928). 1 de xullo Joaquín Caro del Arroyo, político español (m. 1948). Louis Blériot, pioneiro da aviación francesa (m. 1936). 4 de xullo - Calvin Coolidge, presidente dos Estados Unidos (m. 1933). 16 de xullo - Roald Amundsen, explorador noruegués (m. 1928). 13 de agosto - Richard Martin Willstätter, químico alemán, premio Nobel de Química en 1915 (m. 1942). 19 de agosto - Théophile de Donder, matemático e físico belga (m. 1957). 27 de agosto - Arthur Everitt, esgrimista inglés (m. 1952). 8 de setembro - Xesús San Luís Romero, dramaturgo galego (m. 1966). 9 de setembro - Xesús San Luís Romero, escritor e político galego (m. 1966). 18 de setembro - Adolf Schmal, ciclista austríaco (m. 1919). 22 de setembro - Eleanor Hallowell Abbott, escritora estadounidense (m. 1958). 28 de setembro - David Unaipon, inventor e predicador aborixe australiano (m. 1967). 12 de outubro - Fermina Oliva, pasaxeira española do Titanic (m. 1969). 30 de outubro - Eloy Artime Pérez, político galego (m. 1929). 18 de novembro - Heorhii Yaroshevskyi, eclesiástico ortodoxo ruso (m. 1923). 24 de novembro - Georgii Chicherin, político e revolucionario ruso (m. 1926). 7 de decembro - Javier Vales Faílde, sacerdote e escritor galego (m. 1923). 18 de decembro - Heliodoro Gallego Armesto, matemático, físico e xeógrafo galego (m. 1934). 25 de decembro - Helena Rubinstein, empresaria estadounidense (m. 1965). 26 de decembro - Norman Angell, escritor e político británico, premio Nobel da Paz en 1933. 28 de decembro - Pío Baroja, escritor español (m. 1956). 29 de decembro - Rodrigo Sanz, investigador galego (m. 1939). Francisco Cabo Pastor, médico e escritor galego (m. 1972). Ramón Couto Fernández, pintor e ilustrador galego (m. 1900). Miguel Fernández Lema, xornalista e político galego (m. 1947). Dolores Gortázar Serantes, poetisa, novelista e dramaturga española (m. 1936). Fructuoso Manrique Martín, político español (m. 1936). Piotr Iúlievich Schmidt, zoólogo ruso (m. 1949). Avelino Rodríguez Elías, escritor e xornalista galego (m. 1958). Antolín Silva Vicente, empresario e político galego (m. 1943). José Suárez Duque, sindicalista, xornalista e escritor galego (m. 1923). Joaquín Vaamonde Cornide, pintor galego (m. 1900). Ernest Vincent Wright, escritor estadounidense (m. 1939).
Mortes 26 de xaneiro - Pío Rodríguez Terrazo, xurista e político galego (n. 1800). 24 de febreiro - William Webb Ellis, inventor do rugby (n. 1806). 2 de abril - Samuel Morse, inventor estadounidense (n. 1791). 6 de maio - George Robert Gray, ornitólogo inglés (n. 1808). 22 de xuño - Juana de Vega, escritora galega (n. 1805). 30 de xuño - Thomas Combe, editor inglés (n. 1796). 13 de xullo - Mariano Fragueiro, político arxentino (n. 1795). 18 de xullo - Benito Juárez, político mexicano (n. 1806). 3 de setembro - Immanuel Nobel, enxeñeiro sueco (n. 1801). 13 de setembro - Ludwig Feuerbach, filósofo alemán (n. 1804). 18 de setembro - Carlos XV de Suecia, rei de Suecia e de Noruega (n. 1826). 23 de outubro - Théophile Gautier, escritor francés. 8 de novembro - Rafael López Ballesteros, militar e polítoco español. 28 de novembro - Mary Somerville, matemática escocesa (n. 1780). 11 de decembro - Kamehameha V, rei de Hawai (n. 1830). 24 de decembro - William John Macquorn Rankine, físico escocés (n. 1820). Leonardo Sánchez Deus, escritor e revolucionario galego (n. 1835).
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1872