1972 (MCMLXXII) foi un ano bisesto comezado en sábado segundo o calendario gregoriano. Foi declarado Ano Internacional do Libro pola Organización das Nacións Unidas.

No contexto do Tempo Universal Coordinado (UTC), foi o ano máis longo da historia, xa que se engadiron dous segundos bisestos durante este ano de 366 días, un evento que non se repetiu dende entón (se o seu inicio e fin se definen utilizando o tempo solar medio [a escala de tempo legal], a súa duración foi de 31622401,141 segundos de Tempo Terrestre (ou Tempo de efemérides), que é un pouco máis curto que 1908).

Acontecementos 4 de xaneiro - Rose Heilbron convértese na primeira xuíza do Reino Unido. 30 de xaneiro - 13 mortos nos sucesos do Domingo Sanguento en Irlanda do Norte. 2 de febreiro - Inauguración en Sapporo (Xapón) dos Xogos Olímpicos de Inverno. 7 de febreiro - O cardeal Vicente Enrique y Tarancón elixido presidente da Conferencia Episcopal Española. 21 de febreiro - Richard Nixon visita China, sendo a primeira visita oficial dun presidente de Estados Unidos a este país. 3 de marzo - Lanzamento de Pioneer 10 cara Xúpiter e o espazo interestelar. 1 de abril - Anastasio Somoza dimite como presidente de Nicaragua. 16 de abril - Lanzamento do Apolo 16 cara a Lúa. 17 de xuño - Estados Unidos: rexistro ilegal da sede do Partido Demócrata no Hotel Watergate 31 de xullo - A Universidade de El Salvador intervida militarmente, violando a autonomía, capturando e desaparecendo a moitos estudantes. 5 de setembro - Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic. O grupo terrorista Setembro Negro asasina a once integrantes do equipo olímpica de Israel durante a XX edición dos Xogos Olímpicos de Verán. Setembro - Folga xeral de 1972 en Vigo.

13 de outubro - Estrélase nos Andes o avión que transporta un equipo de rugby uruguaio. 4 de decembro - Un policia nacional mata en Santiago de Compostela ao estudante de Medicina da USC José María Fuentes Fernández. 11 de decembro - A misión Apolo 17 aluniza no val de Taurus, xunto ao cráter Littrow, na última visita do home á Lúa.

16 de decembro - Lanzamento do satélite artificial alemán Aeros 1. 22 de decembro - Son rescatados os 16 superviventes dun avión accidentado 70 días antes na Cordilleira dos Andes con 45 persoas a bordo. 23 de decembro - Nicaragua: Un terremoto destrúe Managua, e causa máis de 6.000 mortos.

Nacementos 11 de xaneiro - Amanda Peet, actriz americana. 29 de febreiro - Pedro Sánchez Pérez-Castejón, presidente do Goberno de España (2018-presente). 31 de marzo - Alejandro Amenábar, director de cine chileno-español. 24 de maio - Nadja Uhl, actriz alemá. 23 de xuño - Zinedine Zidane, futbolista francés. 8 de setembro - Marcos Serrano, ciclista galego. 23 de setembro - Galit Gutmann, modelo, actriz e presentadora de televisión israelí. 17 de outubro - Eminem, músico estadounidense. 25 de outubro - Rosa Cedrón, cantante e violonchelista galega. 1 de novembro - Toni Collette, actriz australiana. 4 de novembro - Luís Figo, futbolista portugués. 20 de decembro - Marc Silk, actor inglés. 29 de decembro - Jaromír Blažek, futbolista checo.

Mortes 1 de xaneiro - Maurice Chevalier, cantante e actor francés. 9 de xaneiro - Fuco Gómez, escritor e político galego (n. 1895). 22 de xaneiro - Miguel Gustavo, xornalista, locutor de radio e compositor brasileiro (n. 1922). 26 de xaneiro - Harry S. Truman, presidente estadounidense. 28 de xaneiro - Dino Buzzati, escritor e xornalista italiano. 31 de xaneiro - Xosé Velo, político galego (n. 1916). 3 de febreiro - Emilio Novoa González, radiotelegrafista e político galego (n. 1895). 7 de febreiro - Walter Lang, cineasta estadounidense. 20 de febreiro - Maria Goeppert-Mayer, física de orixe alemá, premio Nobel de Física en 1963. 27 de marzo - Maurits Cornelis Escher, artista holandés. 11 de abril - Manuel García Barros, escritor e xornalista estradense (n. 1876). 13 de abril - Avelino Cachafeiro, "O Gaiteiro de Soutelo" (n. 1899). 16 de abril - Yasunari Kawabata, escritor xaponés, premio Nobel de Literatura en 1968. 11 de maio - Corona González Santos, filántropa, fotógrafa e xornalista galega (n. 1875). 3 de xuño - Xesús Calviño de Castro, escritor e xornalista galego (n. 1893). 19 de xullo - José María Rivero de Aguilar, militar e político galego 22 de xullo - Max Aub, escritor español. 1 de setembro - Benito Casasnovas Rodríguez, político socialista galego (n. 1886). 25 de setembro - Alejandra Pizarnik, poeta arxentina. 1 de novembro - Ezra Pound, escritor estadounidense. 2 de decembro - Ramón Salgado Pérez, avogado, xornalista e político galego (n. 1894).

4 de decembro - Vicente Otero Cao, xornalista e historiador galego (n. 1890).

Premios Nobel Física: John Bardeen, Leon Cooper e John Robert Schrieffer Química: Christian Anfinsen, Stanford Moore e William H. Stein Fisioloxía ou Medicina: Gerald M. Edelman e Rodney R. Porter Literatura: Heinrich Böll Paz: Non concedido Economía: John R. Hicks e Kenneth Arrow

Día das Letras Galegas dedicado a: Valentín Lamas Carvajal

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1972