miniatura|Animación da modificación dunha superficie 3D. miniatura|Diferentes estados de continuidade entre superficies. As superficies de clase A no deseño de automoción son aquelas superficies 3D que corresponden as partes vistas do vehículo, polo que son traballadas con alta eficiencia e calidade tanto a nivel estético como produtivo. As superficies de clase A cumpren certas tolerancias de curvatura e aliñación de tanxencia para unha calidade de reflexión estética ideal, moitas persoas identifican as superficies de clase A cando teñen continuidade de curvatura G2 ou G3 entre si.
O modelaxe de clase A realízase mediante aplicacións de deseño industrial asistido por ordenador. Os modeladores de superficies de clase A tamén son chamados "escultores dixitais" na industria. Os deseñadores industriais e os enxeñeiros desenvolven o seu proxecto en continua comunicación cos modeladores para realizar o modelo final.
Aplicación Un método común de traballo é comezar cun modelo de deseño ou cunha nube de puntos como referencia, dos que se desenvolven superficies matemáticas controladas de Clase A para describir o corpo exterior do produto. Esta matemática compártese con enxeñeiros e deseñadores que solicitan cambios ou modificacións en diferentes fases do proxecto ata resultar o modelo final.
Deseño de automoción Na aplicación de deseño de automóbiles créanse superficies de clase A en todas as superficies exteriores visibles (paneis da carrozaría, parachoques, grella, faros etc.) e todas as superficies visibles das pezas que do interior (cadro de mandos, asentos, recubrimentos das portas, etc.).
Deseño de produto No ámbito do deseño de produtos, as superficies de Clase A pódense aplicar a elementos como a carcasa de aparellos industriais moldeados por inxección, como: electrodomésticos, envases de plástico definidos por superficies orgánicas, xoguetes ou mobles. Entre os usuarios máis famosos do software Autodesk Alias no deseño de produtos está Apple.
Deseño aeroespacial No sector aeroespacial téñense consideracións de estilo e deseño nos interiores, como marcos para ventilación ou luces, bastidores de almacenamento, asentos e a zona de cabina, etc. En 2006 Airbus utilizou ICEM Surf para xerar a xeometría da superficie exterior para a súa optimización estética e aerodinámica.
Modelaxe en barro Os datos escaneados ou "nube de puntos" dun modelo de arxila tómanse ás veces como referencia para xerar superficies preliminares e refinar aínda máis a superficies de Clase A.
Aplicacións As ferramentas de software máis utilizadas son:
Autodesk Alias ICEM Surf Imageware Unigraphics (Módulo Clase A) CATIA (Módulo FreeStyle) Tebis
Notas
Categoría:Deseño asistido por ordenador Categoría:Gráficos 3D por ordenador Categoría:Deseño de automóbiles