Cuarto de dólar dos 50 estados140x140pxAnverso comúnRetrato de perfil George Washington cara á esquerda. Marcas de gravador (JF e WC) e marca de ceca. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / LIBERTY / IN GOD WE TRUST / QUARTER DOLLAR. Datas: 1999-2008. Cecas e marcas: Filadelfia (P) e Denver (D). Deseño do anverso: John Flanagan e William Cousins. Tiraxe total: 34.797.600.000 exemplares. Aliaxe: Cu bañado en Cu-Ni. Diámetro: 24,26 mm. Pesos: 5,67 g. Espesor: 1,75 mm. Canto: estriado. Os cuartos de dólar dos 50 estados son unha serie de moedas dun cuarto de dólar postas en circulación pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración de cada un dos estados constituíntes dos Estados Unidos.

Este programa foi creado pola Lei 105-124, do 1 de decembro de 1997, e as moedas foron cuñadas e postas en circulación entre 1999 e 2008 en bloques de cinco estados cada ano."Public Law 105-124 - DEC. 1, 1997". Govinfo.gov

O deseño común do anverso correspóndese co coñecido como cuarto de dólar Washington, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado nesta ocasión polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que o reverso é específico para cada estado."50 State Quarters Program ". United States Mint."United States Mint's 50 State Quarters Program". Numista.com

O programa dos cuartos de dólar dos 50 estados púxose en marcha para promover unha nova xeración de coleccionistas de moedas,Muoio, A. (1999). "Mint Condition". FastCompany.com. 30 de novembro.Ganz, D. L. (2000). e converteuse no programa numismático máis existoso da historia dos EEUU, xa que aproximadamente a metade da poboación coleccionou as moedas desta serie. Isto provocou, ademais, un beneficio de arredor de 3.000 millóns de dólares para o Goberno federal, motivado da retirada da circulación das moedas por parte dos coleccionistas.US Mint (c. 2009).

En 2009, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a complementar esta serie cun novo programa de moedas dun cuarto de dólar dedicadas ao Distrito de Columbia e dos territorios dos EEUU, nos que se inclúen Porto Rico, Samoa Americana, Guam, as illas Virxes Estadounidenses e as illas Marianas do Norte."DC and U.S. Territories Quarters Program ". United States Mint."2009 District of Columbia and U.S. Territories Quarter Images". United States Mint. "United States Mint's District of Columbia and United States Territories Quarters Program". Numista.com

Creación da serie

Concepción da idea miniatura|275x275px|O representante por Delaware Michael Castle, promotor do proxecto de lei para a creación do programa de cuartos de dólar dos 50 estados.

As orixes deste programa de emisións están no Comité Consultivo Cidadán de Moedas Conmemorativas (CCCAC), nomeado polo secretario do Tesouro, Lloyd Bentsen, en decembro de 1993 e presidido polo director da Casa da Moeda dos EEUU, Philip N. Diehl. Desde os primeiros días de existencia deste organismo, varios dos seus membros a título individual, encabezados por David Ganz, instaron o comité a apoiar o programa dos cuartos de dólar dos 50 estados.

Ao principio esta iniciativa só atopou o apoio de Charles Atherton, da Comisión de Belas Artes dos EEUU, e de Dan Hoffman, un numismático novo de Carolina do Sur que tamén formaba parte do CCCAC. Mais a partir de 1995 o CCCAC comezou a sumarse formalmente o proxecto. O comité buscou daquela o apoio do representante republicano por Delaware Michael Castle, que presidía o Subcomité Bancario da Cámara de Representantes, con xurisdición sobre as moedas do país. A cautela inicial de Castle resolveuse cando Diehl suxeriu que as moedas se emitisen na orde en que os estados foran entrando na Unión e ratificaran a Constitución dos Estadios Unidos. Delaware, o estado natal de Castle, foi o primeiro en facelo e, xa que logo, sería o primeiro estado en ver en circulación a súa moeda dun cuarto de dólar. Posteriormente, Castle realizou varias comparecencias na cámara e presentou un proxecto de lei para a autorización do programa.U.S. Mint's commemorative coin program: hearing before the Subcommittee on Domestic and International Monetary Policy of the Committee on Banking and [...] One Hundred Fourth Congress, first session, July 12, 1995. United States Congresss 2011. ISBN 978-1245598989

Oposición do Tesouro e apoio do Congreso Malia o apoio do director da US Mint e do CCCAC, que fora designado polo Departamento do Tesouro, este mesmo departamento opúxose ao programa dos cuartos de dólar dos 50 estados, xa que as cuñaxes conmemorativas chegaran a identificarse nos últimos tempos con abusos e excesos. As previsións económicas da Casa da Moeda dos EEUU apuntaban a que o programa faría que o Goberno gañase entre 2.600 e 5.100 millóns de dólares, motivados pola señoriaxe —é dicir, na diferenza entre o valor nominal das moedas e o custo da súa produción—, mais outros 110 millóns noutros beneficios pola comercialización numismática. Diehl e Castle utilizaron estas previsións da Casa da Moeda para solicitar o apoio do Tesouro, mais os directivos desta institución consideraban que os cálculos carecían de credibilidade —ao final do programa, a US Mint estimou que o programa xerara 3.000 millóns de dólares en señoriaxe e 136,2 millóns en beneficios numismáticos—.

Diehl traballou con Castle con discreción para sacar adiante o proxecto de lei, malia a oposición do Tesouro ao programa.Hildebrand, C. (1999) "The New Realm of the Coin". En CIO magazine. 24 de abril. No entanto, o Tesouro suxeriu que o departamento realizase un estudo para determinar a viabilidade do programa. Co asesoramento de Diehl, Castle aceptou a suxestión do Tesouro e o estudo de viabilidade incluíuse no proxecto de Lei de Moedas Conmemorativas dos Estados Unidos de 1996,"50-State Quarters: Credit Where Credit Is Due". En COINage Magazine. Decembro de 2005US Mint (ca. 2009). Páxina 4. que tamén autorizaba o secretario do Tesouro a executar o programa sen necesidade de novas decisións do Congreso, no caso de que os resultados de viabilidade fosen favorables."Public Law 104-329 - OCT. 20, 1996". Govinfo.gov

O Tesouro contratou coa compañía consultora Coopers and Lybrand a realización do estudo en 1997, e os seus resultados confirmaron as proxeccións da Casa da Moeda tanto sobre a demanda como sobre a señoriaxe e sobre os beneficios numismáticos do programa. Entre outras conclusións, o estudo determinou que era probable que 98 millóns de estadounidenses gardasen un ou máis xogos completos de moedas dun cuarto de dólar desta serie —ao concluír o programa, a US Mint anunciou que foron 147 millóns as persoas que os coleccionaron—. Malia todo, o Departamento do Tesouro seguía a oporse á creación do programa e negábase a levalo a cabo sen un mandato claro do Congreso para o facer.

En 1997, o Congreso emitiu ese mandato en forma de Lei do Programa de Moedas Conmemorativas dos 50 estados, que foi promulgada polo presidente Bill Clinton o 1 de decembro de 1997."S.1228 - 50 States Commemorative Coin Program Act". Congress.gov

O programa dos cuartos de dólar dos 50 Estados miniatura|320x320px|Cerimonia de lanzamento do cuarto de dólar dedicado ao estado de Idaho en 2007. Consonte o programa aprobado pola lei, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou coa emisión dos cuartos de dólar dos 50 estados cunha cadencia dunha moeda cada dez semanas, ou cinco moedas por ano, na orde en que cada estado ratificou a Constitución ou entrou a formar parte da Unión. O reverso de cada moeda conmemora un dos 50 estados cun deseño emblemático da súa historia, as súas tradicións ou os seus símbolos.

A lei que autorizaba a serie e os procedementos habituais da Casa da Moeda outorgáronlle a cada estado un papel relevante á hora de determinar o deseño que o representaría na moeda correspondente. Na maioría dos casos seguiuse un proceso polo que o gobernador lle solicitaba á cidadanía do estado que presentase conceptos de deseño e nomeou un grupo asesor para supervisar o proceso. Estes gobernadores presentaron entre tres e cinco conceptos de deseño finalistas ao secretario do Tesouro para a súa aprobación, e os deseños aprobados devolvéronse aos respectivos estados para a elección do deseño final."50 State Commemorative Quarters Program: Early designs ". Quarterdesigns.com

miniatura|320px|Bolsa e rolos da US Mint para a distribución dos cuartos de dólar dos 50 estados.

Os estados optaron, en xeral, entre dous procedementos. En 33 casos, o gobernador escolleu o deseño final recomendado, baseándose adoito en recomendacións de grupos consultivos e representantes da cidadanía. Nos outros 17 estados, os cidadáns elixiron o deseño final recomendado a través de votacións en liña, por correo, por teléfono ou por outros medios establecidos para o efecto. Finalmente, os gravadores da US Mint aplicaron todos os conceptos de deseño finalmente aprobados polo secretario do Tesouro entre os recomendados por cada estado. A atención popular e dos medios de comunicación en torno a este proceso foi intensa, o que lle proporcionou ao programa unha gran publicidade previa á posta en circulación das moedas.

O programa dos cuartos de dólar dos 50 estados foi a serie de moedas conmemorativas máis popular da historia numismática dos Estados Unidos. A Casa da Moeda estimou que, ademais dos 147 estadounidenses que coleccionaron estas moedas, 3,5 millóns participaron tamén no proceso de selección dos deseños de cada estado.

No final de 2008 cuñáranse e puxéranse en circulación todas as moedas dun cuarto de dólar previstas no programa. Consonte os datos da Casa da Moeda, a cantidade total de moedas cuñadas foi de 34.797.600.000. A tiraxe media foi de 695.952.000 moedas por cada estado, aínda que oscilou entre as 1.594.616.000 da moeda de Virxinia e as 416.600.000 do de Oklahoma."State Quarters Mintage". Coinmintages.com Todas as moedas circulantes foron cuñadas na Ceca de Filadelfia e na Ceca de Denver, e as versións con acabamento especial proof para coleccionistas na Ceca de San Francisco.

Primeira serie (1999) 1999Imaxe do reversoEstadoData incorporaciónTiraxeData emisiónDeseñador/a130x130px|Delaware quarter7-I-1787774.824.0001-I-1999William CousinsDescrición: imaxe inspirada na estatua en Wilmington de Caesar Rodney a cabalo, o congresista que co seu voto moveu a balanza cara á independencia dos Estados Unidos."Delaware State Quarter ". United States Mint.Lendas: DELAWARE 1787 / THE FIRST STATE / CAESAR RODNEY / 1999 / EPLURIBUS UNUM 150x150px 130x130px12-I-1787707.332.0008-III-1999John MercantiDescrición: estatua Commonwealth, de Roland Hinton Perry, do Capitolio de Pensilvania, superposta á silueta do estado que contén unha doela clave."Pennsylvania State Quarter ". United States Mint.Lendas: PENNSYLNAVIA 1787 / VIRTUTE, LIBERTY, INDEPENDENCE / 1999 / E PLURIBUS UNUM  130x130px18-I-1787662.228.00017-V-1999Alfred MaletskyDescrición: escena do xeneral George Washington xunto a membros do exército colonial cruzando o río Delaware, cara ás batallas da guerra de independencia,"New Jersey State Quarter ". United States Mint.baseada na pintura de E. Leutze Washington Crossing the Delaware. É a primeira moeda que representa a Washington en ambas as faces."New Jersey State Quarter". Coin Collectin Guide for Beginners.