Alauda Ruiz de Azúa Arteche, nada en Barakaldo en 1978, é unha directora de cine e guionista española.
En 2025 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.
Traxectoria Nada en Barakaldo, estudou Comunicación Audiovisual e Filoloxía Inglesa na Universidade de Deusto e é diplomada en dirección na Escola de Cinematografía e do Audiovisual da Comunidade de Madrid (ECAM). Aveciñada en Madrid, é cofundadora da produtora Igloo Films.
Compatibilizou a dirección de proxectos persoais coa realización publicitaria. As súas curtametraxes foron seleccionados en máis de 400 festivais nacionais e internacionais e obtiveron máis dun centenar de recoñecementos.
En febreiro de 2022 estreou a súa primeira longametraxe, Cinco lobitos na "Sección Panoramas" do Festival Internacional de Cinema de Berlín. A película, protagonizada por Laia Costa, Susi Sánchez, Ramón Barea e Mikel Bustamante foi rodada durante cinco semanas no verán de 2021 entre Bakio e Mundaka. Explicou que xorde da súa experiencia persoal da súa primeira maternidade. No Festival de Málaga en marzo de 2022 a película logrou varios premios entre eles o da Biznaga de Ouro, o premio ao mellor guión e o premio do público.
Premios e recoñecementos Por Cinco lobitos
Biznaga de Ouro á mellor película española no Festival de Málaga 2022 ademais do premio ao mellor guión, da propia Ruiz de Azúa, e o premio do público. Película preseleccionada en agosto do 2022 para representar a España na edición 95 dos premios Óscar na categoría Mellor Película Internacional. Por Los domingos En 2026 a súa película Los domingos obtivo os trofeos dos Premios Goya á mellor película, dirección, guión orixinal, actriz protagonista e actriz secundaria.
Filmografía Clases particulares (curtametraxe, 2005) Lo importante (curtametraxe, 2006) Dicen (curtametraxe, 2011) Nena (curtametraxe, 2014) No me da la vida (curtametraxe, 2021) Cinco lobitos (2022) longametraxe. Dirección e guión Los domingos (2025)
Notas
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Guionistas de España Categoría:Directores de cinema do País Vasco Categoría:Nados en Barakaldo Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto