Emilio López Pérez, coñecido como Milucho, nado o 31 de marzo de 1952 en Sindrán (Monforte de Lemos), é un político e sindicalista galego.

Traxectoria Estudou no Seminario de Lugo e socioloxía na Universidade Complutense. Pola súa relación con Manuel María e Lois Diéguez entrou en contacto no nacionalismo galego, na súa etapa en Madrid participou na Agrupación Cultural Lóstrego, tamén participou no sindicalismo agrario nacionalista nas Comisións Labregas, chegando a ocupar a secretaria xeral. Foi deputado no Parlamento de Galicia co BNG (1993-2005) e foi delegado da consellería do Medio Rural na provincia de Lugo.

Libros publicados Ensaio A terra sabe a loita. Testemuño de rebeldía labrega, 2012, Fundación Bautista Álvarez.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Emilio López Pérez, 'Milucho': "Un movemento de liberación sempre ten que perder o medo"

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Sindicalistas do SLG - CC.LL Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1952 Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes