Culleredo (AFI: )Dicionario de pronuncia da lingua galega da USC é un concello galego da provincia da Coruña. Pertence á comarca da Coruña e está situado na área central da provincia, na comarca da Coruña, no extremo sur da ría do Burgo, no ano 2014 tiña 29.434 habitantes distribuídos en 62,3 km². O xentilicio é .

Neste concello sitúase o aeroporto de Alvedro, un dos tres aeroportos de Galicia. Ese mesmo nome, Alvedro, era o que recibía o concello antigamente.Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842. Municipio: 15031 Culleredo. Información do INE. Madoz, Pascual (1847), «Culleredo», Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, tomo VII, Madrid: Est. Tipográfico-Literario Universal, p. 283

Xeografía Situación Limita ao norte cos concellos da Coruña e de Oleiros e a ría do Burgo, ao oeste co de Arteixo, ao leste co de Cambre e ao sur co de Carral, co concello da Laracha da comarca de Bergantiños e co concello de Cerceda da comarca de Ordes.

Orografía e hidrografía O concello está presidido polo monte Xalo (572 m) no extremo sur do mesmo, e a partir del vanse sucedendo vales e pequenos outeiros ata o nivel do mar na ría do Burgo. Os vales están sucados polo río Valiñas e o rego de Trabe, todos eles pertencentes á conca do río Mero que desemboca na ría do Burgo.

Clima Climáticamente atópase no mesmo clima que o resto de Galicia, de tipo oceánico europeo, con temperaturas suaves e gran cantidade de precipitacións.

Demografía A poboación a 1 de xaneiro de 2019 era de 30.402 habitantes, 14.635 homes e 15.717 mulleres, segundo o IGESeries históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos. 15031 Culleredo. Información do IGE..

Culleredo. Gráfica de poboación. División menor: 1.000 habitantes. Fontes: Instituto Nacional de Estadística e Instituto Galego de Estatística. Gráfica elaborada por: Wikipedia.

Na gráfica pódese apreciar claramente o forte incremento de poboación a partir de 1970 debido á súa condición de cidade dormitorio asociada á cidade da Coruña.

Xentilicio (véxase no Galizionario): .

Censo total 2019 30.402 habitantes Menores de 16 anos 5.079 (16.71 %) Entre 16 e 64 anos 20.158 (66.31 %) Maiores de 64 anos 5.165 (17.00 %)

Economía thumb|O Burgo. Este é un municipio fortemente influenciado pola súa proximidade á cidade da Coruña, o que provoca que as parroquias limítrofes coa cidade estean moi urbanizadas, achegando a parroquia de Rutis 13.392 habitantes e a do Burgo 8.216 á poboación municipal no ano 2008. Estas parroquias están na súa meirande parte habitadas por xente moza que desenvolve as súas actividades profesionais na cidade da Coruña ou nos polígonos industriais das súas aforas. En cambio, as outras parroquias son semirrurais e a poboación está integrada por persoas de maior idade en proporción e, en moitos máis casos está dedicada ó sector primario. Dentro deste segundo grupo de parroquias cabe distinguir dous grupos, o formado por Almeiras e Culleredo, grandemente influenciados pola presenza do aeroporto de Alvedro e do polígono industrial do mesmo nome. Concentradas no sector secundario, a primeira, e nos servizos institucionais, como capital do municipio (en Tarrío, na parroquia de Culleredo), e no sector gandeiro, a segunda. Por outro lado todas as demais están orientadas cara ó sector primario, aínda que tamén sexa importante a presenza nelas de moitas segundas residencias de cidadáns da Coruña.

Infraestruturas e transporte En canto ás comunicacións, atravesan o municipio as autoestradas AP-9 (A Coruña-Santiago-Vigo-Portugal) e A-6 (Madrid-A Coruña); as liñas de tren a Santiago de Compostela, Madrid e Lugo; a N-550 A Coruña-Tui, a AC-400 Muros-Sigrás e a AC-211 San Pedro de Nós-A Ponte da Pasaxe. Tamén ten o aeroporto de Alvedro no termo municipal.

Historia e cultura miniatura|dereita|Torre de Celas de Peiro. O Burgo de Faro, nome que recibía o concello nun principio, cobrou forza co traslado de moitos habitantes da Coruña que pretendían protexerse das incursións normandas. A prosperidade veu acompañada da instalación dos templarios e a construción de aceas por parte do mosteiro de Sobrado.

Afonso VIII ordenara repoboar a cidade da Coruña e o Burgo inicia o seu declive pasando a depender dos Andrade, conservándose unha das súas torres en Celas.

Toponimia A terminación do concello en -redo, ó igual que moitos outros topónimos, fai referencia a nomes xermánicos de posuidores, como Guimaredo ou Recaredo.

Patrimonio arqueolóxico e arquitectónico miniatura|250px|Vilaboa, Culleredo. Turisticamente este municipio ten interesantes espazos e edificios: Museo Etnográfico de Culleredo Aeroporto de Alvedro Torre de Celas de PeiroLa torre de Celas de Peiro , Castillo López, Ángel del, Boletín nº75, 1913, RAG. Xardín botánico Ría do Burgo Pazo de Vilaboa Muíños de Acea de Ama (Museo dos Muíños de Acea de Ama) Paseo marítimo do Burgo Espazo natural protexido do monte Xalo Igrexa de Santiago do Burgo (século XI) Ponte do Burgo (século XII-XIII, reconstruída, escenario dun episodio da Guerra da Independencia)Ponte do Burgo, páxina na web do concello Ermida de S. Cosme de Sésamo (século X) Igrexa románica de Sto. Estevo de Culleredo Estación de ferrocarril de Bregua Igrexa de S. María de Rutis (antiga) (século XVI) Diversos castros ó longo de todo o termo municipal

Ten diversas rutas de sendeirismo organizadas polo Concello por todo o municipio, moitas veces temáticas. A destacar entre estas as dos muíños, as das fontes e as das panaderías.

Símbolos O concello ten como motivo principal do seu escudo a imaxe da ponte do Burgo, como queda definido na súa descrición: En campo de prata unha ponte de tres ollos a dúas augas de ouro, mazonado e perfilado de sable sobre ondas de azur e prata superado dunha cruz patada de goles acompañada a cada lado dunha vieira de prata perfilada de azur. Ao timbre coroa real pechada.Decreto 423/2009, do 12 de novembro, polo que se aproba o escudo do Concello de Culleredo, A Coruña.

Culleredo na cultura popular As nenas de Vilaboa / din que non beben viño, / pero debaixo do mantelo / levan o xarro escondido.Portal de ditados tópicos galegos. Lugar de referencia:Culleredo. USC Cheguei ó alto do Castro, / e dei volta para atras,(sic) / adeus papeiros de Orro, / queiroeiros de Morás.A queiroa era usada antigamente para acender o lume na lareira. Ata o primeiro cuarto do século XX, a xente de Morás recollía a queiroa para vendela na Coruña, de aí ven o alcume de queiroeiros. Portal de ditados tópicos galegos. Lugar de referencia:Culleredo. USC

Política e goberno Dende 1983 o seu alcalde foi Julio Sacristán, que gobernou de forma continua ata a súa retirada o 26 de outubro de 2017, día no que presentou a súa renuncia por motivos persoais.Julio Sacristán abandona la Alcaldía tras 33 años y la dirección provincial del PSOE Foi substituído por José Ramón Rioboo o 7 de novembro de 2017.José Ramón Rioboo, elegido alcalde de Culleredo tras la dimisión de Sacristán 07.11.2017

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares de Culleredo Para unha listaxe completa de tódolos lugares do concello de Culleredo vexa: Lugares de Culleredo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Culleredo

Ligazóns externas Blog de noticias de Culleredo Asociación de veciños O Noso Burgo

Categoría:Culleredo