1961 (MCMLXI) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.

Este ano foi declarado o Ano Mundial da Semente pola ONU.

Acontecementos Xaneiro miniatura|Colofón da primeira edición das Memorias dun neno labrego. 2 de xaneiro - A URSS pon en circulación o novo rublo soviético. 3 de xaneiro - Os Estados Unidos rompe relacións diplomáticas con Cuba. 5 de xaneiro - Xosé Neira Vilas publicada na Arxentina Memorias dun neno labrego. 13 de xaneiro - Un equipo de médicos dirixido polo italiano Daniele Petrucci logra varias fecundacións de óvulos humanos nunha probeta. 20 de xaneiro - Toma de posesión do Presidente John F. Kennedy nos Estados Unidos. 21 de xaneiro - Un grupo de portugueses e galegos asalta o Santa María, nun intento de derrocar as ditaduras de Francisco Franco e Salazar, comandados por Henrique Galvão. 24 de xaneiro - Marilyn Monroe e Arthur Miller divórcianse tras cinco anos de matrimonio. 31 de xaneiro - Toma de posesión do Presidente Jânio Quadros no Brasil.

Febreiro 1 de febreiro - Os EUA lanzan o Minuteman, primeiro mísil intercontinental con carburante sólido. 3 de febreiro - A República Popular da China realiza compras de cebada e trigo ao Canadá por valor de 60 millóns de dólares, co fin de paliar a escaseza de gran no país. 4 de febreiro - Asalto ao cárcere de Luanda e a un escuadrón de polícia por parte de militantes do MPLA, causando algúns mortos, e que marcou o inicio da loita armada pola independencia daquela antiga colonia portuguesa, e o inicio da Guerra Colonial Portuguesa, xa que pouco tempo despois o conflito arrastrouse as restantes colonias africanas. O actual Aeroporto Internacional de Luanda ten o nome de "4 de Fevereiro" para sinalar esa data histórica. 11 de febreiro - Patrice Lumumba, Primeiro Ministro da República do Congo, é asasinado. Máis tarde o goberno belga admitiu ter tido “unha irrefutable porción de responsabilidade nos acontecementos que conduciran á morte de Lumumba”; en xullo de 2002, documentos publicados polo goberno americano revelaron que a CIA xogou un papel no asasinato de Lumumba, axudando os seus adversarios con diñeiro e apoio político e, no caso de Mobutu, con armas e apoio militar. 12 de febreiro - Lánzase a primeira sonda a Venus, a soviética Venus I. 15 de febreiro - Morre a totalidade do equipo estadounidense de patinaxe sobre xeo ao estrelarse o avión no que viaxaban. 18 de febreiro - Estréase en Barcelona O sétimo selo (rodada en 1956), o primeiro filme do director sueco Ingmar Bergman autorizado en España pola censura. 19 de febreiro - A embaixada de Bélxica no Cairo é saqueada por estudantes en protesta polo anuncio do asasinato de Lumumba. 22 de febreiro - Prodúcese un incendio nunha fábrica na madrileña Ponte de Vallecas no que morren 23 persoas. 23 de febreiro - O Consello de Seguridade da ONU emite a primeira resolución condenatoria da política colonialista de António de Oliveira Salazar. 25 de febreiro - Asínase o contrato para a construción da Ponte sobre o Río Texo, en Lisboa, coa United States Steel Export Company.

Marzo 3 de marzo - Hassan II é coroado rei de Marrocos. 6 de marzo - Publicación da primeira páxina de 13, Rue do Percebe na revista de historietas española Tíovivo. 19 de marzo - Celébrase en Cannes a VI edición do Festival de Eurovisión, no que debuta España con Conchita Bautista e gana Luxemburgo con Jean-Claude Pascal

Abril 7 de abril - Demóstrase por primeira vez que algúns tumores humanos poden estar provocados por infeccións víricas. 12 de abril - O soviético Iuri Gagarin, primeiro home no espazo. 15 de abril - Invasión de Baía de Cochinos, por exiliados cubanos coa axuda da CIA. Termina en desastre o 19 de abril. 18 de abril - Sinatura da Convenión de Viena sobre Relacións Diplomáticas, CVRD. 27 de abril - Serra Leoa alcanza a independencia.

Maio 5 de maio - Alan B.Shepard, primeiro americano no espazo. 14 de maio - Estados Unidos: o ómnibus dos Freedom Riders é incendiado preto de Anniston, Alabama e os defensores dos dereitos civís son golpeados por unha multitude de estadounidenses racistas.

Xuño 19 de xuño - Kuwait declara a súa independencia do Reino Unido. Xullo 15 de xullo - A alemá Marlene Schmidt é elixida Miss Universo.

Agosto 13 de agosto - Inicio da construción do Muro de Berlín que parte en dous a capital alemá. 24 de agosto - Guerra Colonial: Inicio dunha operación conxunta, con avións, paracaidistas e forzas terrestres, na serra de Canda (Angola). 25 de agosto - Renuncia de Jânio Quadros. Crise política no Brasil.

Setembro 7 de setembro - Réxime parlamentario no Brasil. Toma de posesión de João Goulart. Tancredo Neves preside o primeiro Consello de Ministros. Outubro 30 de outubro - Detonación da maior bomba nuclear da historia, a Tsar Bomba, pola Unión Soviética.

Novembro 9 de novembro - A británica Rosemarie Frankland é elixida Miss Mundo.

Decembro

Ciencia e tecnoloxía A compañía estadounidense Procter & Gamble crea os primeiros cueiros de celulosa, que denomina Dodotis.

Nacementos 17 de xaneiro - Antón Lopo, escritor e xornalista galego. 19 de xaneiro - Xavier Vence, economista galego. 30 de xaneiro - Liu Gang, matemático, físico e científico da computación chinés-americano. 16 de febreiro - Andy Taylor, músico británico (Duran Duran). 21 de marzo - Lothar Matthäus, futbolista alemán. 3 de abril - Eddie Murphy, actor e comediante estadounidense. 23 de abril - Andrei Kurkov, escritor ucraíno. 27 de abril - Moana Pozzi, actriz porno italiana (m. 1994). 6 de maio - George Clooney, actor estadounidense. 9 de maio - Xabier Quiroga, escritor galego. 10 de maio - Danny Carey, batería estadounidense. 17 de maio - Enya, (Eithne Patricia Ní Bhraonáin), cantante irlandesa. 20 de maio - Maurizio Milani, actor Italian. 9 de xuño - Michael J. Fox, actor estadounidense. 14 de xuño - Boy George, cantante británico (Culture Club). 1 de xullo - Princesa Diana de Gales (m. 1997). 1 de xullo - Carl Lewis, atleta estadounidense. 23 de xullo - Martin Gore, compositor e músico británico (Depeche Mode). 30 de xullo - Laurence Fishburne, actor estadounidense. 4 de agosto - Barack Obama, senador estadounidense. 8 de agosto - The Edge, guitarrista irlandés. 21 de agosto - Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, investigadora rosaliana. 21 de agosto - Marcos Bagno, escritor e profesor brasileiro. 22 de agosto - Andrés Calamaro, músico e compositor arxentino. 31 de agosto - Francisco Jorquera, político galego. 2 de setembro - Carlos Valderrama, futbolista colombiano 6 de setembro - Scott Travis, músico estadounidense (Judas Priest) 13 de setembro - Dave Mustaine, guitarrista estadounidense (Metallica, Megadeth) 25 de setembro - Heather Locklear, actriz estadounidense. 13 de outubro - Rubén Lois González, xeógrafo e político galego. 18 de outubro - Wynton Marsalis, músico estadounidense. 22 de outubro - Eva Veiga, poeta e xornalista galega. 29 de outubro - Randy Jackson, músico estadounidense. 31 de outubro - Peter Jackson, director de cine neozelandés 2 de novembro - K.D. Lang, cantante canadense. 4 de novembro - Ralph Macchio, actor estadounidense. 11 de novembro - Vegard Opaas, saltador de esquí noruegués. 13 de novembro - Carme Hermida Gulías, filóloga galega. 19 de novembro - Meg Ryan, actriz estadounidense. 19 de decembro - Eric Allin Cornell, físico estadounidense, Premio Nobel de Física 25 de decembro - Ingrid Betancourt, senadora colombiana. 21 de decembro - Manuel Igrexas, escritor galego. 24 de decembro - İlham Əliyev, presidente de Azerbaidján. 30 de decembro - Ben Johnson, atleta canadense. Calixthe Beyala - escritora camerunesa.

Mortes 4 de xaneiro - Erwin Schrödinger, físico austríaco, Premio Nobel (n. 1887) 9 de xaneiro - Emily Greene Balch, escritor e pacifista estadounidense, Premio Nobel da Paz (n. 1867) 14 de xaneiro - Barry Fitzgerald, actor irlandés. 17 de xaneiro - Patrice Lumumba, Primeiro Ministro da República Democrática do Congo. 18 de xaneiro - Fortunato Cruces, escritor e xornalista galego (n. 1870). 21 de xaneiro - Blaise Cendrars, escritor suízo (n. 1887). 26 de febreiro - Rei Mohammed V de Marrocos (n. 1909). 9 de febreiro - Carlos Luz, presidente do Brasil (n. 1894). 24 de febreiro - José Asensio, militar galego (n 1892). 26 de febreiro - Mohammed V Rei de Marrocos. 14 de marzo - Ángel del Castillo López, historiador e arqueólogo galego (n. 1886).

21 de marzo - José Casares Gil, farmacéutico galego (n 1866). 6 de abril - Jules Bordet, médico belga, premio Nobel de Medicina en 1919. 9 de abril - Rei Zog I de Albania (n. 1895) 3 de maio - Maurice Merleau-Ponty, filósofo francés. 13 de maio - Gary Cooper, actor estadounidense (n. 1901) 30 de maio - Rafael Leónidas Trujillo, ditador de República Dominicana (n. 1891). 2 de xuño - George S. Kaufman, autor de teatro estadounidense (n. 1889). 6 de xuño - Carl Gustav Jung, psiquiatra suízo (n. 1875). 19 de xuño - Augusto Barcia Trelles, avogado e político republicano español (n. 1881). 20 de xuño - José Juncal Verdulla, pedagogo, xornalista e político galego (n. 1869). 30 de xuño - Lee de Forest, inventor estadounidense (n. 1873) 1 de xullo - Louis-Ferdinand Céline, escritor francés. 2 de xullo - Francisco Asorey, escultor galego. 2 de xullo - Ernest Hemingway, escritor estadounidense (n. 1899). 8 de xullo - Vicente Gómez Paratcha, avogado e diplomático galego (n. 1893). 29 de xullo - Aquilino Iglesia Alvariño, poeta galego (n. 1909). 15 de agosto - Javier Ozores Pedrosa, escritor e político galego (N. 1878). 20 de agosto - Percy Williams Bridgman, físico estadounidense, Premio Nobel de Física (n. 1882). 1 de setembro - Eero Saarinen, arquitecto estadounidense. 17 de setembro - Adnan Menderes, primeiro ministro de Turquía (n. 1899) 18 de setembro - Dag Hammarskjöld, secretario xeral das Nacións Unidas, Premio Nobel da Paz (n. 1905). 11 de outubro - Chico Marx, comediante estadounidense (n. 1887). 21 de outubro - Karl Korsch, filósofo marxista alemán. 20 de decembro - Earle Page, primeiro ministro de Australia (n. 1880) 25 de decembro - Otto Loewi, fisiólogo alemán, premio Nobel de Medicina en 1936 (n. 1873). H. C. Bailey - escritor británico de novela negra (n. 1878).

Premios Nobel Física: Robert Hofstadter e Rudolf Mößbauer

Química: Melvin Calvin Fisioloxía ou Medicina: Georg von Békésy Literatura: Ivo Andric Paz: Dag Hammarskjöld

Outros A URSS outórgalle o Premio Lenin da Paz a Fidel Castro. Publícase en Vigo o poemario "Nimbos", de Xosé María Díaz Castro. Phil Hill vence no Campionato Mundial de Fórmula 1. Historia ano a ano

Categoría:1961