Foz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, sendo a súa cidade máis poboada. Segundo o IGE no 2014 tiña 9899 habitantes (9754 no 2006, 9664 no 2005, 9619 no 2004, 9591 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) ou .
Xeografía Limita cos concellos de Burela, Barreiros Lourenzá, Mondoñedo, Valadouro, Alfoz do Castrodouro e Cervo. Está situado na foz do río Masma, de onde lle vén o topónimo.
Na súa costa hai diversos areais, como a praia da Rapadoira, Llas, Peizás, Pampillosa, Arealonga, As Pólas, Os Xuncos e Areoura, todas elas Bandeira Azul da UE. Outras praias do concello son Fondás e a dos Alemáns.
Historia Existen restos da cultura castrexa nos castros de Fazouro e Pena do Altar. A zona estaba poboada polos egobarros.
Durante o século IX a zona viviu un pulo por mor do establecemento da sé episcopal en San Martiño de Mondoñedo.
Nos inicios da Idade Moderna Foz contaba cun importante peirao e cun dos tres estaleiros máis importantes de Galicia, dedicado especialmente á construción de embarcacións para a captura de baleas.
Cultura Toponimia Foz procede do latín vulgar focem, que en latín clásico era 'gorxa, paso estreito, fauces', un lugar por onde un río desemboca no mar, tamén é un paso estreito entre montañas.
Patrimonio Patrimonio arqueolóxico O castro de Fazouro é un poboado castrexo do século II a. C., situado á beira do mar, xunto a Arealonga. Segundo a asociación da Mariña Patrimonio, a conservación do castro é pésima. No verán de 2025 o concello realizou unha limpeza que danou irremediablemente parte da estrutura.
Patrimonio arquitectónico
miniatura|esquerda|Vista dos absidiolos semicirculares e contrafortes de San Martiño. A basílica de San Martiño de Mondoñedo é un templo de orixe prerrománica, sé durante moitos anos do bispado de Mondoñedo, e que se atopa en bo estado de conservación. O pazo do Conde de Fontao, en Santa Cilla. O Pazo de Covas, pazo do século XVI no lugar de Trasmonte da parroquia de Nois. O Pazo do Lagar, pazo do século XVII no lugar da Ribela, na parroquia de Cangas. O Pazo de Vilachá, pazo do século XVII da familia Almuíña, no lugar de Vilachá, na parroquia de Cangas. O castelo da Frouxeira, castelo do século IX, na parroquia de Santa Cilla do Valadouro.
Festas de interese miniatura|esquerda|Fogos de artificio durante as festas de San Lourenzo en Foz. Amais da feira celebrada os martes, destacan as festas da Virxe do Carme (16 de xullo, patroa dos mariñeiros) e de San Lourenzo (10 de agosto). O sábado anterior ao luns de Pentecostés celébrase a romaría do Santo.
Poboación Censo total 2014 9899 habitantes Menores de 15 anos 1219 (12,31 %) Entre 15 e 64 anos 6361 (64,26 %) Maiores de 65 anos 2319 (23,43 %)
Fonte: INE Arquivo
Economía miniatura|Casa do concello. Foz é unha vila de tradición mariñeira. A fertilidade da comarca permite a existencia de diversas explotacións gandeiras e forestais. Na actualidade unha das principais actividades económicas é o turismo, debido á calidade das diversas praias que hai ao longo da costa.
A continuación se mostra unha táboa onde se reflicte o paro rexistrado segundo sexo, idade e sector da actividade económica.
+ Paro rexistrado Sector # Agricultura 35 Industria 62 Construción 115 Servizos 474 Sen emprego anterior 47 Total 733 (349 homes e 384 mulleres) Fonte:SEPE. Marzo de 2014
Foz na cultura popular Pra facer ben a costeira, mariñeiriños rinlegos, pra botar contas, no porto, mariñeiriños focegos.
Galería de imaxes
Lugares de Foz miniatura|Mapa das parroquias de Foz Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Foz.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Foz
Ligazóns externas Toponimia de Foz
Categoría:Foz Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía