O Vicedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.882 habitantes (2.011 no 2009, 2.146 no 2005, 2.181 no 2004, 2.228 no 2003). O xentilicio é ou .
Historia O concello naceu coa constitución de 1812. O territorio que abranguía non se correspondía co actual, senón que se dividía en tres concellos: Negradas, Val e Cabanas. En 1835 estableceuse unha nova división municipal segundo un real decreto, onde o territorio do concello se distribuíu nos concellos de Galdo (O Vicedo, San Miguel de Negradas e San Román de Vale) e Viveiro (Suegos, Mosende, Río Barba e Cabanas). Esta división durou só 5 anos e o 18 de outubro de 1840 aparece o concello de Riobarba, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo coas parroquias actuais do municipio do Vicedo.
Durante os seguintes anos mantívose certa estabilidade manténdose Río Barba como capital do municipio do mesmo nome, até que no ano 1952, mediante circular do gobernador civil de Lugo, cambiouse a capitalidade e o nome do municipio polo de Vicedo (sic) o 14 de xullo de 1952, nome dun lugar da parroquia do mesmo nome. En 1983, mediante a Lei de normalización lingüística, o topónimo oficial pasou a ser O Vicedo.
Patrimonio Na parroquia do Vicedo está a igrexa de Santo Estevo do Vicedo.
Demografía
Censo total 2014 1.882 habitantes Menores de 15 anos 161 (8.55 %) Entre 15 e 64 anos 1.086 (57.7 %) Maiores de 65 anos 635 (33.74 %)
Evolución da poboación vicedense desde 1920 ata o ano 2009:
Galería de imaxes
Lugares do Vicedo Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Vicedo vexa: Lugares do Vicedo.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Os Moutillós Ligazóns externas Páxina do concello do Vicedo e Toponimia do Vicedo
Categoría:O Vicedo