Miguel Domingo García Martínez, coñecido como Miguel de Lira, nado en Lira (Carnota) en 1964, é un actor galego.

Traxectoria

Inicios Comezou a interesarse pola interpretación cando estudaba Dereito en Compostela. Estudou interpretación, teatro e dicción con Martin Adejemian, Jesús Aladrén, Begoña Valle, Xan Cejudo e Fernando Balboa, entre outros. É cofundador da compañía de teatro galego Chévere, en que traballou activamente como actor, director e produtor dende 1986.

Debutou na televisión en 1989, no programa de humor Velaí... da Televisión de Galicia. Ese ano debutou tamén no cinema, no papel de Suso en Urxa. En 1991 uniuse ao elenco de Unha de romanos. A partir de 1999 gañou gran popularidade en Galicia coa serie Mareas Vivas no papel de Evaristo Currás, un personaxe secundario que chegou a adquirir gran protagonismo e acabou por converterse nun dos favoritos do público.

Anos 2000 Despois de Mareas Vivas e dunha pequena aparición na serie Periodistas, protagonizou o filme de 2002 sobre narcotráfico, Entre bateas, de Jorge Coira, polo que foi candidato a mellor actor nos Premios Mestre Mateo de 2002. Ademais tivo papeis secundarios nas películas O lapis do carpinteiro (2003), O agasallo de Silvia (2003), Secuestrados en Xeorxia (2003), Galatasaray-Dépor (2005) e Un franco, 14 pesetas (2006). Apareceu tamén con pequenos papeis nas series Pepe Carvalho, As leis de Celavella e A vida por diante, ata que en 2006 protagonizou a comedia de situación Pepe o inglés, que estivo dúas temporadas en antena.

Tras o final da serie participou en curtas como Temporada 92-93 (2007), filmes como Hotel Tivoli (2007), Os xirasoles cegos (2008), A noite que deixou de chover (2008) ou Un bo home (2009) entre outros, e actuou na popular serie de Antena 3 Los hombres de Paco, onde fixo de Félix Montejo, o psiquiatra do protagonista. Ademais colaborou co grupo de rap Dios ke te crew, no seu disco Xénese, interpretando ao Cabo Ameneiro, un garda civil que interrompe unha festa do grupo.

Anos 2010 En 2010 traballou no filme A sinapse do códice e na premiada miniserie dirixida por Dani de la Torre, Mar libre. Ao ano seguinte protagonizou xunto a Sergio Zearreta o filme Crebinsky, do director Enrique Otero. A súa interpretación de Feodor Crebinsky neste filme valeulle un Premio Mestre Mateo ao mellor actor. Tras iso, participou nas películas No habrá paz para los malvados, Todo é silencio e Personal Movie e protagonizou Somos xente honrada, de Alejandro Marzoa, traballo co que gañou o seu segundo Mestre Mateo ao mellor actor.

En 2014 apareceu no filme de Alfonso Zarauza, Os fenómenos e interpretou a Cibrán "o Castizo" en A esmorga, de Ignacio Vilar, adaptación da famosa novela A esmorga, de Eduardo Blanco Amor. Por este papel volveu estar nomeado ao Mestre Mateo ao mellor actor, galardón que esta vez recaeu no seu compañeiro de elenco, Morris. Ademais ese mesmo ano protagonizou Códice, unha miniserie na que interpretou o electricista da Catedral de Santiago de Compostela, autor do famoso roubo do Códice Calixtino.

En 2015 fixo o rol do alcalde Mendoza na serie Hospital Real e en 2016 tivo un pequeno papel en María (e os demais), de Nelly Reguera e interpretou a Telmo Vilar na serie Augasquentes.

En 2017 logrou outra candidatura aos Mestre Mateo, este vez ao mellor actor secundario, polo seu traballo en Dhogs, de Andrés Goteira. Ademais actuou en La dama del cuadro, de Juan Miguel del Castillo.

En 2019 interpretou a Teo, na serie de Antena 3, Matadero e retomou o papel do Cabo Ameneiro no novo disco de Dios ke te crew, O ciclo da serpe. Após participar na obra de teatro Eroski Paraíso, formou tamén parte da adaptación cinematográfica dirixida por Jorge Coira.

Familia É irmán do que fora alcalde de Carnota, Xosé Manuel García.

Filmografía miniatura|200px|Miguel de Lira nunha homenaxe a John Balan. Cine Urxa (1989), de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal. Entre bateas (2002), telefilme de Jorge Coira. O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. El regalo de Silvia (2003), de Dionisio Pérez. Secuestrados en Xeorxia (2003), telefilme de Gustavo Balza. As viúvas do mar (2004), telefilme de Carlos Sedes. Hai que botalos (2005), de Margarita Ledo e Emilio McGregor. Galatasaray-Dépor (2005), de Hannes Stöhr. Un franco, 14 pesetas (2006), de Carlos Iglesias Serrano. Hotel Tívoli (2006), de Antón Reixa. El hombre de arena (2007), de José Manuel González. Os xirasoles cegos (2008), de José Luis Cuerda. A noite que deixou de chover (2008), de Alfonso Zarauza. Un bo home (2009), de Juan Martínez Moreno. Pedro e o Capitán (2009), de Pablo Iglesias. A sinapse do códice (2010) de Pablo Iglesias. Crebinsky (2011), de Enrique Otero. No habrá paz para los malvados (2011), de Enrique Urbizu. Personal Movie (2012), de Héctor Carré. Todo é silencio (2012), de José Luis Cuerda. Somos xente honrada (2013), de Alejandro Marzoa. Os fenómenos (2014), de Alfonso Zarauza. A esmorga (2014), de Ignacio Vilar. María (e os demais) (2016), de Nely Reguera. Dhogs (2017), de Andrés Goteira. La dama del cuadro (2017), de Juan Miguel del Castillo. Eroski Paraíso (2019), de Jorge Coira. Cuñados (2021), longametraxe de Toño López. +Cuñados (2024), longametraxe de Luis Avilés.

Curtametraxes Cal dous estraños (1991), de Alber Ponte. Sitcom show (1996), de Ángel de la Cruz. Disonancias (2000), de Ignacio Vilar. Os Crebinsky (2002), de Enrique Otero. Las rubias los prefieren caballeros (2002), de Álex Sampayo. Toxic Percebe (2005), de Xavier Jacome e Martín Fiallega. Temporada 92-93 (2007), de Alejandro Marzoa. Padre Modelo (2009), de Alejandro Marzoa. Amistad (2010), de Alejandro Marzoa.

Televisión Personaxes fixos Mareas vivas (1998), Evaristo Currás Pepe Carvalho (2004) Pepe o inglés (2006), Pepe O Inglés Los hombres de Paco (2008), Félix Montejo Mar libre (2010) Códice (2014), Manolo Carballeira Hospital Real (2015) Augasquentes (2016), Telmo Vilar Matadero (2019), Teo Vivir sin permiso (2025), Celso Punto Nemo (2025), Santos

Personaxes episódicos Periodistas (1999) As leis de Celavella (2005), Antón de Soneira A vida por diante (2006)

Galardóns e nomeamentos miniatura|300x300px|Entrevista en Nós TV.

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2002Mellor actorEntre bateasNomeado2010Mellor actorCrebinskyGañadorMellor guiónCrebinskyNomeado2013Mellor actorSomos xente honradaGañador2014Mellor actorA esmorgaNomeado2020Mellor actorEroski ParaísoGañador

XIX Premio Maruxa Villanueva en 2020 2024: Premio RiR Contigo, outorgado polo Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RiR de Allariz para pór en valor traxectorias profesionais vinculadas ao humor no país.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Chévere Ligazóns externas Consello da Cultura Galega

Categoría:Actores de Carnota Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Nados en Carnota Categoría:Nados en 1964 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista