Os mordélidos (Mordellidae) son unha familia de escaravellos polífagos. Realizan movementos irregulares típicos cando escapan dos seus predadores e teñen un extremo do abdome estreito moi característico. Están estendidos por todo o mundo e hai unhas 1500 especies.
Anatomía
Os movementos aparentemente de pinchacarneiros están compostos dunha serie de saltos separados moi rápidos (cada salto dura aproximadamente 80 ms). Son o resultado dos esforzos do escaravello de volverse a colocar en posición de engalar para botarse a voar cando estaba en posición lateral ou dorsal. Cada un dos saltos individuais debería considerarse como unha rotación estendida, realizada por unha pata do terceiro par de patas (metapodio). Dependendo de se usan o metapodio esquerdo ou o dereito como a perna que está funcionando como panca para engalar, o cambio prodúcese na dirección do salto. A enerxía para a propulsión varía co traballo do músculo inmediato do escaravello, de modo que a lonxitude e altura dos saltos varía, e rexistráronse frecuencias de rotación de ata 48 por segundo (en Mordellochroa abdominalis) arredor do centro de gravidade do eixe lonxitudinal do corpo. Xiros adicionais arredor do eixe transversal (a frecuencias máis baixas) efectúan pinchacarneiros en espiral que se perciben como acrobacias. O extremo fino do abdome (pixidio) non é significativo no salto, pero o metacoxa-trocánter-fémur (do terceiro par de patas) ten unha gran capacidade de rotación libre (ata 270 graos, só a un nivel). Esta capacidade débese a unha articulación de parafuso que conecta a base da metacoxa coa cabeza do trocánter. O gradiente de porca é de 21 graos (observado con microscopio electrónico de varrido en 1985). Tecnicamente, saltos similares, pero menos potentes, poden observarse na familia Melandryidae (=Serropalpidae) (xénero Orchesia) e na familia Scraptiidae (xénero Anaspis). As súas articulacións coxa-trocánter teñen unha estrutura similar. Pode asumirse que a capacidade desta forma de locomoción dando pinchacarneiros ten a súa raíz nunha filoxenia común e, por tanto, non debe ser adscrita especificamente aos Mordellidae. Por outra parte, outros autores sinalaron a natureza especial da articulación de parafuso real (2011). Insectos doutras familias, como por exemplo o gurgullo do xénero Trigonopterus, un Curculionidae das selvas tropicais de Asia, teñen unha construción conectiva máis apertada na articulación coxa-trocánter da que se encontra en Mordellidae. Esta construción, non obstante, non facilita unha velocidade angular igual de alta do torque. A articulación aquí serve para proporcionar un mellor agarre sobre as plantas e para gabear máis doadamente.
Sistemática miniatura|Adulto de Tomoxia lineella (Mordellinae: Mordellini) miniatura|Larva de Mordellistena sp. (Mordellinae: Mordellistenini) larva dentro dun bugallo de Solidago feito pola mosca Eurosta solidaginis miniatura|Femia adulta de Tolidopalpus nitidicoma (Mordellinae: Mordellistenini) vista de lado Esta familia ten dúas subfamilias vivas – Mordellinae e Ctenidiinae – e unha prehistórica coñecida por fósiles (Praemordellinae). Outro xénero fósil, Liaoximordella, foi previamente identificado tratado como unha familia monotípica distinta, Liaoximordellidae, pero agora considérase moi primitiva e probablemente un membro basal dos Mordellidae.
Familia Mordellidae Latreille, 1802 Subfamilia Ctenidiinae Franciscolo, 1951 Ctenidia Laporte de Castelnau en Brullé, 1840 Subfamilia Mordellinae Latreille, 1802 †Angimordella Bao et al. 2019, ámbar birmano, Myanmar, Cenomaniano Tribo Conaliini Ermisch, 1956 Conalia Mulsant & Rey, 1858 Conaliamorpha Ermisch, 1968 Glipodes LeConte, 1862 Isotrilophus Liljeblad, 1945 Ophthalmoconalia Ermisch, 1968 Paraconalia Ermisch, 1968 Pseudoconalia Ermisch, 1950 Stenoconalia Ermisch, 1967 Xanthoconalia Franciscolo, 1942 Tribo Mordellini Siedlitz, 1875 Adelptes Franciscolo, 1965 †Asiamordella Hong, 2002 ámbar de Fushun, China, Ypresiano Austromordella Ermisch, 1950 Binaghia Franciscolo, 1943 Boatia Franciscolo, 1985 Caffromorda Franciscolo, 1952 Calycina Blair, 1922 Cephaloglipa Franciscolo, 1952 Congomorda Ermisch, 1955 Cothurus Champion, 1891 Curtimorda Méquignon, 1946 Glipa LeConte, 1859 Glipidiomorpha Franciscolo, 1952 Hoshihananomia Kônô, 1935 Iberomorda Méquignon, 1946 Ideorhipistena Franciscolo, 2000 Klapperichimorda Ermisch, 1968 Larinomorda Ermisch, 1968 Machairophora Franciscolo, 1943 Macrotomoxia Píc, 1922 Mordella Linnaeus, 1758 Mordellina Schilsky, 1908 Mordellapygium Ray, 1930 Mordellaria Ermisch, 1950 Mordelloides Ray, 1939 Mordellopalpus Franciscolo, 1955 Neocurtimorda Franciscolo, 1950 Neotomoxia Ermisch, 1950 Ophthalmoglipa Franciscolo, 1952 Paramordella Píc, 1936 Paramordellana Ermisch, 1968 Paramordellaria Ermisch, 1968 Paraphungia Ermisch, 1969 Parastenomordella Ermisch, 1950 Paratomoxia Ermisch, 1950 Paratomoxioda Ermisch, 1954 Phungia Píc, 1922 Plesitomoxia Ermisch, 1955 Praemordella Shchegoleva-Barovskaya, 1929 Pseudomordellaria Ermisch, 1950 Pseudotomoxia Ermisch, 1950 Sphaeromorda Franciscolo, 1950 Stenaliamorda Ermisch & Chûjô, 1968 Stenomorda Ermisch, 1950 Stenomordella Ermisch, 1941 Stenomordellaria Ermisch, 1950 Stenomordellariodes Ermisch, 1954 †Succimorda Kubisz, 2001 ámbar báltico, Eoceno Tolidomordella Ermisch, 1950 Tolidomoxia Ermisch, 1950 Tomoxia Costa, 1854 Tomoxioda Ermisch, 1950 Trichotomoxia Franciscolo, 1950 Variimorda Méquignon, 1946 Wittmerimorda Franciscolo, 1952 Yakuhananomia Kônô, 1935 Zeamordella Broun, 1886 Tribo Mordellistenini Ermisch, 1941 Asiatolida Shiyake, 2000 Calyce Champion, 1891 Calycemorda Ermisch, 1969 Calyceoidea Ermisch, 1969 Dellamora Normand, 1916 Diversimorda Ermisch, 1969 Ermischiella Franciscolo, 1950 Fahraeusiella Ermisch, 1953 Falsomordellina Nomura, 1966 Falsomordellistena Ermisch, 1941 Falsopseudomoxia Franciscolo, 1965 Glipostena Ermisch, 1941 Glipostenoda Ermisch, 1950 Gymnostena Franciscolo, 1950 Mordellina Schilsky, 1908 Mordellistena Costa, 1854 Mordellistenalia Ermisch, 1958 Mordellistenochroa Horák, 1982 Mordellistenoda Ermisch, 1941 Mordellistenula Stchegoleva-Barowskaja, 1930 Mordellochroa Emery, 1876 Mordellochroidea Ermisch, 1969 Mordelloxena Franciscolo, 1950 Morphomordellochroa Ermisch, 1969 Neomordellistena Ermisch, 1950 Palmorda Ermisch, 1969 Palpomorda Ermisch, 1969 Paramordellistena Ermisch, 1950 Phunginus Píc, 1922 Pselaphokentron Franciscolo, 1955 Pseudodellamora Ermisch, 1942 Pseudotolida Ermisch, 1950 Raymordella Franciscolo, 1956 Tolida Mulsant, 1856 Tolidopalpus Ermisch, 1951 Tolidostena Ermisch, 1942 Uhligia Horák, 1990 Xanthomorda Ermisch, 1968 Tribo Reynoldsiellini Franciscolo, 1957 Reynoldsiella Ray, 1930 Tribo Stenaliini Franciscolo, 1956 Brodskyella Horák, 1989 Pselaphostena Franciscolo, 1950 Stenalia Mulsant, 1856 Stenaliodes Franciscolo, 1956 †Subfamilia Praemordellinae Shchegoleva-Barovskaya 1929 †Bellimordella Liu et al. 2008, formación Yixian, China, Aptiano †Cretanaspis Huang e Yang 1999, formación Lushangfen, China, Aptiano †Mirimordella Liu et al. 2007, formación Yixian, China, Aptiano †Praemordella Shchegoleva-Barovskaya 1929, formación Karabastau, Kazakhstán, Oxfordiano †Wuhua Wang e Zhang 2011, Daohugou, China, Calloviano
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Nomen.at
Categoría:Cucujiformia