María de la Concepción Pazo Álvarez, nada na Estrada o 30 de novembro de 1907 e finada en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1994, foi unha mestra galega.
Traxectoria Filla da mestra Emilia Alvarez Silva e de Pelayo Pazo Alvarez. Estudou maxisterio e foi nomeada mestra interina de Carbia en xaneiro de 1935,El Pueblo Gallego, 17-1-1935, p. 11. renunciando ao posto,El Noticiero Gallego, 25-1-1935, p. 2. e despois de Coucieiro (Val do Dubra).El Correo Gallego, 21-7-1935, p. 1. No franquismo foi agregada de inspección en Santiago de Compostela ata que en 1946 decidiu reunirse co seu home exiliado en México. Chegou en avión a Cidade de México o 5 de xaneiro de 1947.Ficha en Departamento de Migración. Secretaría de Gobernación de México Traballou como mestra de primaria no Colegio Madrid. Logo da morte do seu home en 1963, retornou a Galicia en 1971. Reintegrouse ao maxisterio en 1973 sendo destinada a Forcarei e posteriormente foi mestra no Colexio Rosalía de Castro do Grove, onde se xubilou en 1977.El Pueblo Gallego, 4-12-1977, p. 17. Finou en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1994.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-7-1994, p. 76.
Vida persoal Casou na Estrada con Celestino López López en 1935.El Pueblo Gallego, 11-9-1935, p. 4.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Os nomes do exilio
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1994