Dragsphere foron un par de satélites artificiais dos Estados Unidos.

Características Os dous satélites Dragsphere eran esferas co mesmo diámetro pero distinta masa (0,9 kg Dragsphere 1 e 9,5 kg Dragsphere 2) construídos polo Laboratorio de Investigación Naval dos Estados Unidos de América. Foron lanzados ao mesmo tempo nun foguete Thor Ablestar o 6 de outubro de 1964 xunto co satélite Transit a unha órbita duns 1000 km de altura. Ambos Dragsphere son satélites pasivos usados para medir os efectos do arrastre atmosférico en órbitas altas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Thor Ablestar

Categoría:Satélites artificiais