A lingua das bolboretas é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.

Sinopse

O filme trata sobre a relación dun neno e o seu mestre durante a época anterior á guerra civil española. Ó principio o neno, Moncho, ten medo de ir á escola xa que o asustaran dicíndolle que os mestres zoupaban nos estudantes. Iso era habitual na educación da época, pero o seu mestre non é así, xa que Don Gregorio utiliza o método de observación como ensinanza. Don Gregorio ensínalle moitas cousas a Moncho e principalmente fálalle sobre a liberdade.

Nese tempo prodúcese a sublevación militar de 18 de xullo de 1936. Os sublevados conseguen o control dos gobernos civís e militares nas capitais provinciais galegas, e comezan as incursións de determinados grupos de falanxistas e gardas civís polas vilas e aldeas, á procura de republicanos para lles aplicaren represalias. Iso acontece na vila do filme: levan presos varios republicanos nun camión. No camión, atópanse varios amigos e coñecidos do lugar e tamén está Don Gregorio. Os pais de Moncho, en especial a súa nai, exhórtano a que berre contra os republicanos, deixando clara a súa postura política. Comezou a berrarlles "Roxos! Asasinos!", como facían os demais, pero ó cabo, marchou correndo detrás do camión dicíndolle a Don Gregorio "Tilonorrinco! Espiritrompa!", palabras que aprendera del nas súas clases.

Contexto político do filme A historia narrada ten como pano de fondo os feitos acontecidos logo que os militares sublevados en xullo de 1936 atinxisen o poder civil e militar nas catro provincias galegas. Determinados grupos de falanxistas e gardas civís axiña comezaron a percorrer o territorio galego e asasinaron milleiros de persoas que cumprisen unha ou varias das seguintes características: seren militantes de partidos da esquerda ou de sindicatos; seren defensores da lingua galega ou galeguistas en xeral; seren mestres/as a exerceren a súa profesión segundo uns principios de modernidade pedagóxica e laicismo, de acordo coa Institución Libre de Enseñanza e o Museo Pedagóxico Nacional español.

Premios

XIV edición dos Premios Goya Persoa ResultadoMellor filmeCandidata Mellor director José Luis Cuerda Candidato Mellor actor protagonista Fernando Fernán Gómez Candidato Mellor actor revelación Manuel Lozano Candidato Mellor guión adaptado Rafael AzconaJosé Luis CuerdaManuel Rivas Gañadores Mellor música orixinal Alejandro Amenábar Candidato Mellor fotografía Javier G. Salmones Candidato Mellor montaxe Nacho Ruiz Capillas Candidato Mellor dirección artística Josep Rosell Candidato Mellor dirección de produción Emiliano Otegui Candidato Mellor deseño de vestiario Sonia Grande Candidata Mellor maquillaxe e peiteado Ana López PuigcerverTeresa Rabal Candidatas Mellor son Daniel GoldsteinRicardo SteinbergPatrick Ghislain Candidatos

Actores Fernando Fernán Gómez como Don Gregorio Manuel Lozano como Moncho Elena Fernández como Carmiña Uxía Blanco como Rosa Gonzalo Uriarte como Ramón Alexis de los Santos como Andrés Jesús Castejón Guillermo Toledo Tamar Novas Tatán Roberto Vidal Bolaño Celso Parada Celso Bugallo Tucho Lagares Milagros Jiménez Lara López Alberto Castro Diego Vidal Xosé Manuel Olveira "Pico" Manuel Piñeiro Alfonso Cid Manuel Seara José Ramón Vieira Antonio Pérez Eduardo Gómez Eva Fernández Fely Manzano

Notas

Véxase tamén

Espiritrompa

Ligazóns externas A lingua das Bolboretas en AVG Galespa

Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por José Luis Cuerda Categoría:Filmes baseados en obras de Manuel Rivas Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes sobre a represión franquista Categoría:Filmes sobre a guerra civil española Categoría:Filmes de 1999 con versión en galego