Manuel Millán Vázquez, nado en Vilagarcía de Arousa en 1961, é un actor galego.

Traxectoria Debutou no teatro en 1980 en As laranxas máis laranxas, de Carlos Casares, dirixido por Eduardo Puceiro. Sen abandonar o teatro posteriormente centrouse no cinema e a televisión, sendo especialmente coñecido a partir da década de 1990 polas súas interpretacións en series cómicas.

En Galicia é especialmente coñecido polo seu papel como Padre Nicanor na serie Pratos combinados da TVG, ademais da súa intervención en A familia Pita. Interpretou papeis fixos e episódicos en varias series de televisión nacionais (¡Ay, señor señor!, La casa de los líos). Cómpre salientar as súas colaboracións en Aquí no hay quien viva como o Padre Miguel, que dado o enorme éxito da serie, aumentou a súa popularidade entre o gran público de España.

Traballou en cine con directores do talle de Fernando Colomo, Carlos Saura ou Luis García Berlanga entre outros.

Filmografía Longametraxes Bajarse al moro (1989), de Fernando Colomo. Como Enfermeiro. Las cartas de Alou (1990), de Montxo Armendáriz. ¡Ay, Carmela! (1990), de Carlos Saura. Como Cabo. Después del sueño (1992), de Mario Camus. Mi hermano del alma (1994), de Mariano Barroso. Como Enfermero. Justino, un asesino de la tercera edad (1994), de Santiago Aguilar e Luis Guridi. Como Enfermeiro novato. Matías, juez de línea (1996), de Santiago Aguilar e Luis Guridi. Dame algo (1997), de Héctor Carré. Como Director de Telelocal. Atilano, presidente (1998) , de Santiago Aguilar e Luis Guridi. Como Charly. París-Tombuctú (1999), de Luis García Berlanga. Como Garda Civil Piñango. Año Mariano (2000), de Karra Elejalde e Fernando Guillén Cuervo. Como Matías. Ilegal (2003), de Ignacio Vilar. Como Sacristán. Os mortos van ás présas (2003). Como Josito. O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Como Louco. Atraco a las 3... y media (2003), de Raúl Marchand Sánchez. Como Castrillo. ¡Buen viaje, excelencia! (2003), de Albert Boadella. Como Proyeccionista 2. A vida que che espera (2004), de Manuel Gutiérrez Aragón. Como Xefe de salón de peiteado. O ano da carracha (2004), de Jorge Coira. Como Home 1. Mia Sarah (2006), de Gustavo Ron. Como Mateo.

Curtametraxes Si lo sé no vengo (a mi propio entierro) (1999), de Manolo Gómez. La Mercería (2000) Sandra (2000), de Héctor J. Diéguez. Mancheas de terra (2003), de Julio Rodríguez Fernández. La canción de Fémerlin (2005), de Manuel Pena. Como Ladrón. Ernesto en 10 minutos (2005), de Carolina Castro. Como Ernesto. Se vende (2005), de Carlos López Martínez.

Televisión

Personaxes fixos ou recorrentes Lorca, muerte de un poeta (1987) (miniserie), de Juan Antonio Bardem. TVE. Muerte a destiempo (1989) (miniserie), de Javier Máqua.TVE. La forja de un rebelde (1990) (miniserie), de Mario Camus.TVE. Buscavidas (1991), de Diana Álvarez. Antena 3. Se alquila (1994), de Julio Sánchez Valdés. Antena 3. El club de los listillos (1995), de Héctor Carré. Telecinco. Pratos combinados (1995). Como Ricardiño (1 episodio, 1996). Como Padre Nicanor (varios episodios, 199_-2006). TVG. A familia Pita (1996). TVG. Ellas son así (1998). Como Gutiérrez. Telecinco. A las once en casa (1998). Como Guti. La Primera de TVE. Un chupete para ella (2000). Como Woody. Antena 3. Aquí no hay quien viva (2003-2006). Como Padre Miguel. Antena 3. Efectos secundarios (2007). TVG. O Faro (2013-2014). Como Xesús. TVG / FORTA

Personaxes episódicos ¡Ay señor, señor! (1994). Como Seminarista. Antena 3. Villarriba-Villabajo (1995), de Carlos Gil. TVE. La casa de los líos (1997). Antena 3. Un Millán de cosas (1998) Estudio 1 (2000). TVE. Paraíso (2001). TVE. Hospital Central (2002). Como Roberto (2 episodios). Telecinco.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Consello da Cultura Galega

Categoría:Actores de Vilagarcía de Arousa Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes