miniatura|Peregrinos chegando a Santiago. Fodechincho é un termo despectivo empregado en Galiza para referirse aos turistas españois, en especial aqueles que nin respectan nin se adaptan aos costumes locais.

Orixe A teoría máis estendida sobre a denominación sitúa o seu nacemento nas Rías Baixas na década de 1970, e está relacionada cos chinchos, xurelos de pequeno tamaño desprezados polos pescadores que eran consumidos (fodidos) polos turistas de interior. O aumento do turismo, e as consecuentes molestias orixinadas, amplificou o uso do termo, pasando a definir todo veraneante, en especial os procedentes da meseta madrileña, que causan molestias pola súa ignorancia ou prepotencia. Neste sentido destaca a personaxe paródica do "Turista madrileño", interpretada por Evaristo Calvo no programa da TVG Air Galicia.

Na provincia de Ourense tamén se emprega o termo escallá, referido á xente que ao ir ao rural fai comparacións co lugar de orixe dicindo "Es que allá...". No interior, en zonas como no Incio-Sarria, reciben o nome de roncos do xamón (porque acaban con el).

Relacionado co concepto de fodechincho tamén está o de turigrino (contracción de turista e peregrino) que se utiliza para referirse ás persoas que realizan o Camiño de Santiago sen ánimo de transcendencia e sen aceptar, máis que para aproveitarse deles, os conceptos de hospitalidade, solidariedade, compañeirismo e esforzo que se supón que caracterizan aos que fan a Ruta Xacobea. É común que estas persoas non carguen as súas mochilas senón que sexan usuarias das empresas de transporte de equipaxe, que a súa roupa e comportamento sexa pouco respectuoso, e que realicen prácticas pseudo-espirituais daniñas para o contorno natural como amorear pedras ás beiras do camiño.

Máis recentemente, a dexeneración progresiva do turismo está a chegar a tal extremo que agora empregase o termo "cagagrino" (contracción de "cagón" e "peregrino"), un tipo de peregrino que xa non achega nada económica nin espiritualmente, senón só as súas defecacións.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Fodechinchos en Galiza. Twitter

Categoría:Turismo en Galicia