5 centavos Buffalo "5 Cents "Buffalo Nickel" (1913-1938)". Numista.com258x258pxA/: Retrato dun nativo norteamericano cara á dereita. Data. Lenda: LIBERTY.R/: bisonte americano en pé cara á esquerda. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / FIVE CENTS Datas: 1913-1938. Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca), Denver (D) e San Francisco (S). Gravador: James Earle Fraser. Aliaxe: cuproníquel (75 % Cu, 25% Ni). Tiraxe total: 1.213.012.067 exemplares. Diámetro: 21,20 mm. Peso: 5 g. Espesor: 1,95 mm. Canto: liso.

A moeda de 5 centavos de dólar Buffalo (en inglés; Buffalo nickel), tamén coñecida como Cabeza de Indio (Indian Head), é unha moeda de cuproníquel con valor facial de cinco centavos de dólar emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1913 e 1938. Foi deseñada polo escultor James Earle Fraser.

Como parte dunha campaña para mellorar a calidade artística da moeda estadounidense, entre 1907 e 1909 cinco moedas circulantes nese país recibiran xa importantes modificacións nos seus deseños. Neste contexto, en 1911 o Goberno de William Howard Taft decidiu substituír o deseño da cabeza da Liberdade creado por Charles E. Barber para a moeda ce 5 centavos e encomendoulle o traballo a Fraser, con cuxa proposta, que amosaba un nativo americano e un bisonte, causou moi boa impresión.

Os deseños aprobáronse en 1912, pero atrasáronse varios meses por mor das obxeccións da Hobbs Manufacturing Company, fabricante de mecanismos para detectar moedas falsas en máquinas que funcionaban con moedas de 5 centavos, á que non convencían as características da nova moeda. A empresa non quedou satisfeita cos cambios introducidos por Fraser no seu deseño e, en febreiro de 1913, o secretario do Tesouro Franklin MacVeagh decidiu emitir igualmente as moedas, a pesar das obxeccións.

Por outra banda, malia os intentos da Casa da Moeda dos Estados Unidos por axustar o deseño, as moedas comezaban axiña a amosar o desgaste provocado pola circulación, e algunhas das súas partes principais, como a data e a indicación do valor facial, chegaban mesmo a borrarse en pouco tempo.

En 1938, logo da expiración do período mínimo de 25 anos durante o cal o deseño non podía ser alterado sen autorización do Congreso, a moeda de 5 centavos Buffalo foi substituída por unha nova de características similares e novo deseño, os 5 centavos Jefferson, creada por Felix Schlag.

Xa no século XXI, o deseño de Fraser foi reutilizado pola Casa da Moeda dos Estados Unidos para a cuñaxe de varias moedas conmemorativas e de investimento de prata e de ouro.

Antecedentes En 1883 comezara a emitirse a moeda de 5 centavos Liberty Head, con deseños do gravador xefe da Casa da Moeda Charles E. Barber. Logo do seu lanzamento, a moeda tivo que modificarse para engadir a palabra CENTS no reverso, xa que a similitude de tamaño coa moeda de ouro de 5 dólares favorecía que os 5 centavos se dourasen fraudulentamente para os facer pasar por unha moeda de 5 dólares.Breen, W. (1988). Páxinas 252-253. Unha lei do Congreso, promulgada o 26 de setembro de 1890, exixía que os deseños das moedas non se cambiasen ata despois de vinte e cinco anos en circulación, a non ser que o Congreso autorizase o cambio.Bowers, Q. D. (2007). Páxina 149. A lei exceptuaba da regra a moeda de cinco centavos e o dólar de prata, que podían ser redeseñados en calquera momento.Richardson, W. A., ed. (1891). 26 Stat L. 484, amendment to R.S. §3510. Páxinas 806-807. Malia todo, a Casa da Moeda mantivo en produción a moeda de 5 centavos Liberty Head con grandes tiraxes durante a primeira década do século XX.Breen, W. (1988). Páxina 255.

En 1904, o presidente Theodore Roosevelt expresou o seu descontento co estado artístico da moeda estadounidense.Breen, W. (1988). Páxina 573. Coa intención de emprender un redeseño xeneralizado, amosou o seu desexo de contratar o escultor Augustus Saint-Gaudens para se encargar deste labor. Limitada pola lei de 1890, a Casa da Moeda só contratou a Saint-Gaudens para o redeseño do centavo e das catro moedas de ouro do sistema. Saint-Gaudens, antes da súa morte en 1907, encargouse do deseño das moedas de 20 dólares e de 10 dólares, que entraron en circulación ese ano, en tanto que a moeda dun centavo, e as de ouro de 5 dólares e de 2½ dólares foron deseñadas finalmente por outros artistas e postas en circulación en 1909. Para daquela, a vella moeda de 5 centavos Liberty Head levaba en circulación máis de 25 anos e podía ser redeseñada, independentemente da disposición especial.

+Proba cuñada por Barber 127x127px 127x127px Proposta de Barber para unha nova moeda de 5 centavos, cuñada como proba en 1909."5 Cents, Pattern, United States, 1909". National Museum of American History. Smithsonian Institution."J1938/P2021 ". Uspatterns.com

Así as cousas, en 1909, o director da Casa da Moeda, Frank Leach, encargoulle ao gravador Barber a cuñaxe de probas para unhas novas moedas de cinco centavos. Na maioría das probas presentadas por Barber aparecía no anverso a imaxe do primeiro presidente do país, George Washington. Cando a prensa tivo coñecemento da existencia destas probas comezou a especularse con que a nova moeda se poría en circulación a finais dese mesmo 1909. A Casa da Moeda mesmo chegou a recibir pedidos de bancos en previsión da hipotética moeda de 5 centavos de Washington, mais o proxecto interrompeuse cando Leach deixou a dirección da US Mint o 1 de novembro de 1909, e foi substituído no cargo por Abram Piatt Andrew.Burdette, R. W. (2007). Páxinas 93-97.

Andrew non estaba satisfeito coa moeda dun centavo Lincoln, que se estreara aquel mesmo ano, e considerou a posibilidade de solicitar a autorización do Congreso para a substituír por un novo deseño do escultor James Earle Fraser. Aínda que o cambio do centavo non se produciu, segundo o historiador numismático Roger Burdette: "o entusiasmo de Fraser levou finalmente á adopción da moeda de 5 centavos Buffalo en decembro de 1912".Burdette, R. W. (2007). Páxina 98.

Inicio

Novo deseño miniatura|Franklin MacVeagh, secretario do Tesouro, promotor da creación da moeda de 5 centavos Buffalo.Mason, A. E. (1918). Memories of a Friend. Woodworth, Chicago. Páxinas 112-113. O 4 de maio de 1911, Eames MacVeagh, fillo do secretario do Tesouro Franklin MacVeagh, escribiulle ao seu pai:Taxay, D. (1983) . Páxina 340.

Pouco despois da carta de MacVeagh, o director Andrew anunciou que a Casa da Moeda solicitaría novos deseños para a moeda de 5 centavos. O escultor Fraser, que fora axudante de Saint-Gaudens, púxose en contacto coa Casa da Moeda e elaborou axiña algúns conceptos e deseños. O novo director da Casa da Moeda, George Evan Roberts, que substituíu a Andrew, inclinouse inicialmente por un deseño no que aparecía o presidente asasinado Abraham Lincoln, pero Fraser desenvolveu de camiño un deseño que representaba a cabeza dun nativo norteamericano nunha face e un bisonte americano na outra. Tanto Andrew como Roberts recomendáronlle ao secretario MacVeagh que contase con Fraser para o deseño, e en xullo de 1911 o secretario aprobou a súa contratación como deseñador da nova moeda de 5 centavos. Así e todo, a aprobación oficial tardou en chegar; non foi ata xaneiro de 1912 cando MacVeagh lle pediu a Roberts que informase a Fraser de que recibira a devandita encarga.Taxay, D. (1983) . Páxinas 340-342. MacVeagh escribiu: "dille que dos tres esbozos que presentou nos gustaría utilizar o da cabeza do indio e o búfalo".Burdette, R. W. (2007). Páxina 172. Roberts transmitiulle a noticia e, deseguido, envioulle unha longa listaxe de instrucións ao escultor, na que sinalaba: "o lema In God we trust ("En Deus confiamos") non é necesario nesta moeda e supoño que estamos de acordo en que non debe levar nada que non sexa necesario".Burdette, R. W. (2007). Páxina 173. Fraser completou os modelos en xuño de 1912 e preparou electrotipos do tamaño da moeda. Levou os modelos e os electrotipos a Washington o 10 de xullo, onde recibiron a entusiasta aprobación do secretario do Tesouro MacVeagh.Burdette, R. W. (2007). Páxina 174.

O "asunto Hobbs" miniatura|O director da Casa da Moeda, George E. Roberts, avogou pola creación da moeda malia o conflito entre Fraser e Hobbs (fotografía de 1913)."Roberts, George Evan. Director of the Mint, 1898-1907, 1910". Library of the Congress. En xullo de 1912 fíxose público o novo deseño, e os fabricantes de máquinas expendedoras ou que funcionasen con moedas, como parte interesada, solicitaron información ao respecto. En resposta, MacVeagh informou de que non habería cambio ningún nin no diámetro, nin no grosor nin no peso das moedas con respecto ao modelo anterior. Isto satisfixo a maioría dos empresarios, mais non a Clarence Hobbs, propietario da Hobbs Manufacturing Company, de Worcester, Massachusetts, quen solicitou máis información. Segundo Hobbs, a súa empresa fabricaba un dispositivo que detectaba con total precisión as moedas de cinco centavos falsas introducidas nas máquinas expendedoras.Burdette, R. W. (2007). Páxinas 181-183. As conversas continuaron durante a maior parte do resto de 1912 e Hobbs, que non vía claro que a nova moeda fose ser aceptada polas súas máquinas, exixiu varios cambios no deseño, ante os que o artista se amosou reticente. Cando en decembro de 1912 a Hobbs Company presentou un deseño modificado para a moeda de 5 centavos, MacVeagh opúxose enerxicamente. O 18 de decembro, Roberts aprobou oficialmente o deseño de Fraser e autorizouse que o escultor completase e perfeccionase o seu deseño, logo do cal se lle aboarían 2.500 dólares polo seu traballo.Burdette, R. W. (2007). Páxinas 193-194.

O 7 de xaneiro de 1913, o deseño aprobado de Fraser utilizouse para cuñar algunhas pezas a modo de proba. O escultor escribiu máis tarde que lembraba a varios dos traballadores comentando que a nova peza se cuñaba con máis facilidade que a anterior. Posteriormente, Roberts preguntoulle a Fraser se a Hobbs Company ficara satisfeita co deseño e o artista contestoulle ao director da Casa da Moeda que a empresa quería que se fixesen cambios; de feito, Fraser accedeu a reunirse con eles máis adiante. Durante as dúas semanas seguintes, Fraser traballou con George Reith, o mecánico da Hobbs Company que inventara o dispositivo antifalsificación, nun intento de satisfacer as preocupacións da empresa. O 20 de xaneiro, Fraser enviou un telegrama á Casa da Moeda desde o seu estudio en Nova York, no que anunciaba que ía presentar un deseño modificado, e explicou que o atraso se debía "ao traballo co inventor ata que quedou satisfeito".Burdette, R. W. (2007). Páxinas 194-196. O día seguinte, o superintendente da Ceca de Filadelfia, John Landis, envioulle a Roberts unha mostra do deseño revisado, e declarou que "o único cambio é no canto, que se fixo máis arredondado e destacado".Burdette, R. W. (2007). Páxina 196. miniatura|Clarence W. Hobbs. As obxeccións da súa empresa atrasaron o nacemento da moeda de 5 centavos Buffalo durante meses.Nutt, C. (1919). History of Worcester and its people. Vol. 3. Lewis Historical Pub., Nova York. Páxina posterior á 128.