Lucía Varela Gómez, nada o 10 de agosto de 2003 na Coruña, é unha xogadora de voleibol galega, central do equipo italiano AGIL Volley dende o ano 2022.

Traxectoria Clubs Lucía Varela comezou a xogar ao voleibol aos 12 anos. Na tempada 2018-19 fichou polo club CAEP Soria na Superliga 2 Feminina de Voleibol, onde xoga por dous anos antes de pasar ao Club Voleibol J.A.V. Olímpico. Debutando na Superliga Feminina de Voleibol na tempada 2020-21 co club das Palmas de Gran Canaria e gañando o campionato e a supercopa de España dese ano.

Na tempada 2022-23 mudouse a Italia ao aceptar a oferta do club AGIL Volley, xogando na Serie A1, a máxima división do deporte en Italia.

Na tempada 2023-24 mudouse a Francia ao aceptar a oferta do club Quimper Volley xogando Championnat de France féminin de volley-ball, a máxima división do deporte en Francia.

Selección No ano 2018 recibiu a convocatoria para xogar coa selección española de voleibol sub-17 e en 2020 na sub-19.

En 2021 obtivo a primeira convocatoria para xogar coa selección feminina de voleibol de España, coa que acadou nese ano a medalla de bronce na Liga Europea feminina de voleibol 2021.

Notas

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Xogadores de voleibol de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes