Manuel Díaz Cardama, nado en Santiago de Compostela en decembro de 1908 e finado en Madrid en decembro de 2001, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Juan Díaz Rey e Concepción Cardama Durán. Estudou o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela e licenciose en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Afiliado á Agrupación Socialista de Santiago de Compostela dende 1929, foi presidente das JSE. Sufriu detencións gobernativas de 15 días en outubro de 1934 e en 1935. En marzo de 1935 foi un dos asinantes do manifesto dos intelectuais composteláns solicitando ao presidente da República o indulto dos condenados a morte.El Pueblo Gallego, 3-3-1935, p. 16. En xuño de 1936 presentouse ás oposicións para xudicatura en Madrid.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pasando dez meses en prisión. Foi multado polo Comandante Militar de Santiago con 250 pesetas en xuño de 1937 por "propalar conceptos contrarios al Glorioso Movimiento Nacional".El Eco de Santiago, 14-6-1937, p. 2. Sometido a depuración, foi dado de baixa no Corpo de aspirantes á xudicatura en outubro de 1937.BOE, 20-10-1937, p. 3930.

Intentou pasar á zona leal conseguindo chegar a Cataluña a través de Francia por Port-Bou o 6 de xaneiro de 1938. Foi nomeado maxistrado da Audiencia de Lleida o 22 de febreiro, permanecendo neste posto ata a caída de Cataluña. Marchou Francia o 9 de febreiro pasando a fronteira por Puigcerdá. Estivo no Refuxio de Vernet les Bains (Pireneos Orientais) e despois residiu en Orleans (Loiret) e París. O 13 de xullo embarcou coa súa irmá María del Carmen Díaz Cardama no buque Mexique no porto de Pauillac (Gironde) rumbo a México, arrivando a Veracruz o 27 de xullo de 1939. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. Trasladouse a Cidade de México onde inicialmente traballou na fábrica de mosaicos América e pertenceu á Agrupación Socialista Española do PSOE, da que formaba parte a finais dos anos sesenta.

Retornou a España, foi rehabilitado como maxistrado en outubro de 1976,BOE, 9-11-1976, p. 22096. e destinado á Audiencia Territorial de Barcelona, de onde se xubilou en decembro de 1979.BOE, 19-1-1980, p. 1460. Finou en Madrid en decembro de 2001.ABC, 3-12-2001, p. 12. Vida persoal

Casou con Carmen López Todo. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Departamento de Migración de México

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1908

Categoría:Finados en 2001