Bettye Washington Greene nada en Fort Worth (Texas) o 20 de marzo de 1935 e finada e Midland o 16 de xuño de 1995, foi unha química estadounidense. Foi a primeira muller afroamericana cun doutoramento en química que traballou nun posto profesional en Dow Chemical Company, onde investigou látex e polímeros.

Traxectoria Asistiu a escolas públicas segregadas e obtivo unha licenciatura en química en 1955. Tras casar co capitán veterano da Forza Aérea William Miller Greene en 1955, asistiu á Universidade Estatal Wayne en Detroit, onde obtivo o seu doutoramento en Fisicoquímica traballando con Wilfred Heller, a súa tese publicouse en 1965. Foi elixida para Sigma Xi, a Sociedade de Investigación Científica.

En 1965, Greene uniuse ao laboratorio de investigación E. C. Britton de Dow Chemical Company en Midland, Míchigan. Foi a primeira muller afroamericana en unirse á compañía nun posto profesional. En Dow, investigou a química de Coloide e látex, incluídas as interaccións entre o látex e papel.

En 1970 ascendérona a investigadora química sénior en Dow Chemical. En 1973, uniuse á División de investigación de polímeros que podería mellorar látex. Continuou traballando para Dow até finais da década dos 80.

Patentes Greene obtivo varias patentes, incluíndo:

4968740: Adhesivo a base de látex preparado por polimerización en emulsión. 4609434: Folla composta preparada con látex estables que conteñen grupos de superficie de fósforo. 4506057: Látex estables que conteñen grupos de superficie de fósforo.

Notas

Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América

Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Texas Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Afroamericanos