José Gabriel Barroso Sáinz, nado na Coruña o 25 de setembro de 2002, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Arosa, de Terceira División RFEF.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Ural C. F. e do Atlético Montañeros, e en 2020 entrou na canteira do Deportivo da Coruña, en categoría xuvenil.

Barroso comezou a tempada 2020-2021 no Deportivo Xuvenil A, equipo que se proclamaría campión de España na final ante o FC Barcelona esa mesma tempada, pero a mediados de tempada decidiu fichar pola Peña Deportiva de Eivisa, onde alternaba entre o xuvenil e o sénior.

Tras o seu paso polas ligas baleares, na tempada 2021-2022 fichou polo Laracha C. F., onde logrou gañar a LXXX Copa da Coruña na final disputada o 18 de xuño no estadio de Riazor.

Na tempada 2022-2023 fichou polo Viveiro C. F. e debutou na terceira división, xogando como titular en case todos os partidos do equipo celeste, o que lle serviu para chamar a atención do Arosa SC, que anunciou a súa fichaxe para a tempada 2023-2024 o pasado 15 de xuño.

Equipos TempadaEquipoCategoríaPXGTATV2021-2021 Peña DeportivaPreferente de Ibiza-Formentera52002021-2022 Laracha C. F. Preferente339402022-2023 Viveiro C. F.3ª262412023- Arosa SC3ª0000 PX: Partidos xogados. G: Goles marcados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en lapreferente.com

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Viveiro CF Categoría:Xogadores do Arosa SC Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xogadores do Montañeros CF Categoría:Xogadores do Laracha CF Categoría:Xogadores do CD As Pontes Categoría:Xogadores do Racing Vilalbés