miniatura|Falante de árabe alxeriano. O árabe alxeriano é unha forma vernácula de árabe falado en Alxeria. Coñecido de forma nativa como dziria, darja ou derja, é unha variedade que pertence ao continuo dialectal do árabe magrebí e é mutuamente intelixible co árabe tunisiano e o árabe marroquí.

Do mesmo xeito que outras variedades de árabe magrebí, o árabe alxerino ten un vocabulario maioritariamente semita. Ten influencias do bérber, do púnico e do latín (lingua romance africana) e ten algúns préstamos do francés, do árabe andalusí, do turco otomán e do castelán. O árabe alxerino contén algúns préstamos bérberes que representan entre o 8% e o 9% do seu vocabulario. A palabra darja (en ) é unha palabra árabe que significa "dialecto cotián/coloquial".;

Notas

Categoría:Lingua árabe Categoría:Linguas de Alxeria