Ionospheric Connection Explorer ou ICON, tamén coñecido como MIDEX 8 e Explorer 96, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 11 de outubro de 2019 mediante un foguete Pegasus XL desde Cabo Cañaveral.
Características A misión de ICON era estudar a interacción entre a ionosfera terrestre e o medio interplanetario. Levaba os seguintes instrumentos a bordo:
MIGHTI (Michelson Interferometer for Global High-Resolution Thermospheric Imaging): un instrumento para medir o vento solar neutro e a súa temperatura. EUV (Extreme Ultra-Violet): para medir a altura e densidade da ionosfera no lado diúrno do planeta. FUV (Far Ultra-Violet): mide a composición atmosférica no lado diúrno e a ionosfera no nocturno. IVM (Ion Velocity Meter): un instrumento para medir os campos eléctricos detectados polo satélite.
ICON usaba un bus LEOStar-2 e tiña unha masa de 288 kg na engalaxe. Funcionou os dous anos previstos, estendéndose a súa misión ata que o 25 de novembro de 2022 perdeuse o contacto co satélite.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pegasus XL
Categoría:Satélites artificiais Categoría:Programa Explorer