Joaquín Jofre Maristany, nado en Ferrol o 25 de marzo de 1855 e finado en Buenos Aires en setembro de 1918, foi un banqueiro e filántropo galego.
Traxectoria
Fillo do empresario de orixe francesa Joaquín Jofre Domenech e de María Maristany Ferrer, filla de Tomás Maristany Bertrán.A propósito del fomentador catalán Tomás Maristany Bertrán. En 1873, con 17 anos e licenza paterna, marchou a Buenos Aires. Foi presidente do Banco Popular Español de Buenos Aires. En 1889 comprou o maior número de acción da empresa que construía o Teatro Jofre e enviou axuda para rematar a súa construción, polo que se lle deu o seu nome. Finou en Buenos Aires en setembro de 1918.El Correo Gallego, 17-9-1918, p. 1. Vida persoal
Casou en Zárate con Virginia Storni Taylor o 22 de setembro de 1883, e foi pai de María Virginia, Ada, Ernestina, Zulema e Joaquín Jofre Maristany.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
La instruccin primaria en Ferrol durante la mayoría de edad de Isabel II / José María López-Dafonte Sanjuán.
Outros artigos Teatro Jofre
Ligazóns externas Joaquín Jofre Maristany y Juan Sixto Vázquez
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1855 Categoría:Finados en 1918