Heeojil gyeolsim (en ) é un filme surcoreano de 2022 producido, coescrito e dirixido por Park Chan-wook. Está protagonizado por Tang Wei e Park Hae-il. En abril de 2022, o filme foi escollido para competir pola Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2022, onde Park Chan-wook gañou o premio ao mellor director. Heeojil gyeolsim estreouse nos cinemas de Corea do Sur o 29 de xuño de 2022. O filme recibiu a aclamación da crítica e foi nomeada a numerosos premios, incluíndo os Premio BAFTA. Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro. Tamén foi considerado un dos 5 mellores filmes internacionais de 2022 segundo o National Board of Review.
Personaxes
Tang Wei como Song Seo-rae Park Hae-il como Det. Jang Hae-jun Lee Jung-hyun como Jung-an Go Kyung-pyo como Soo-wan Park Yong-woo como Im Ho-shin Kim Shin-young como Yeon-su Jung Yi-seo as Yoo Mi-ji Jung Young-Sook como avoa Hae DongFilm Directory. Decision to Leave (2022) Consultado o 10 de marzo de 2023. Yoo Seung-mok como Ki Do-soo Park Jeong-min como San-oh Seo Hyun-woo como Sa Cheol-seong "Slappy" Teo Yoo como Director Lee Go Min-si como Shaman Lee Hak-joo como Lee Ji-gu Jeong Ha-dam como Oh Ga-in Choi Dae-hoon como doutor da clínica do sono Joo In-young como director da compañía de coidados Jung So-ri como 'Oppa'
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Park Chan-wook Categoría:Filmes ambientados en Busan Categoría:Filmes de CJ Entertainment