Manuel Mon Miranda, nado en Lluanco (Gozón) cara a 1892 e finado en Ribadeo o 23 de xullo de 1936, foi un carabineiro e político galego.

Traxectoria Carabineiro veciño de Burela. Destinado en Ribadeo, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sorprendido mentres estaba de garda na parte traseira do Concello de Ribadeo, na rúa Ibáñez. Foi asasinado o 23 de xullo de 1936. Os seus restos, xunto cos de Justo Fernández Suárez, foron exhumados pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) da foxa común do cemiterio de Ribadeo en 2023.Cristina L. Felipe (1/6/23) "Memoria Histórica exhumará a dos asesinados en Ribadeo en julio del 36" El Progreso .María José Mon: "É moi cruel que haxa corpos sen recuperar e xente que se opoña" El Progreso.

Vida persoal Casou en Burela con Joaquina Expósito Baño e foi pai de José, Nicasio, Manuela e Antonio Mon Expósito.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Gozón Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1936