Constantino I ou Kostandin I, nado polo 1035–1040Ghazarian 2000, p. 47 e finado polo 1100,Ghazarian 2000, p. 49 foi o segundo señor da Cilicia armenia (1095 – c. 1100). Gobernou a maior parte das rexións dos montes Tauros, mentres xestionaba as cidades e as terras do seu dominio. Proporcionou abundantes provisións aos cruzados, por exemplo durante o difícil período do asedio de Antioquía no inverno de 1097. Era un apaixonado partidario da separada Igrexa armenia.Runciman 2002, p. 193
Hai certa confusión coa súa persoa pois, segundo os cronistas Mateo de Edesa e Sempad o Condestable, Constantino tamén é identificado como un dos príncipes ou comandantes da comitiva do rei Gagik II. Mais de aceptar como posible data de nacemento o período entre 1035-1040, ao suceder o saqueo de Ani en 1045, Constantino non podía ter máis de 10 anos o que imposibilita esa identificación.
Traxectoria
Primeiros anos Era fillo de Rubén I. Tralo asasinato do rei Gagik II, o pai de Constantino reuniu á súa familia e fuxiu cara ás montañas Taurus para se refuxiaren na fortaleza de Kopitar (Kosidar) situada ao norte de Sis (hoxe Kozan en Turquía)Ghazarian 2000, p. 46 e, finalmente, rebelouse e declarou a independencia dos seus territorios respecto do Imperio Bizantino ao redor de 1080.
En 1090, Roupen non era capaz de dirixir as súas tropas, polo que o seu fillo Constantino herdou o seu mando e conquistoulle aos bizantinos o castelo de Vahka no río Göksu. O dominio deste desfiladeiro fixo posible a imposición de impostos sobre as mercadorías transportadas dende o porto de Ayas cara á parte central de Asia Menor, o que se converteu na fonte de riqueza á que debían o seu poder os roupenios.
O seu reinado Despois da morte do seu pai en 1095, Constantino estendeu o seu poder cara ao leste cara ás montañas Anti-Taurus.Runciman 2002, pp. 192-193 Como gobernante cristián armenio no Levante, axudou ás forzas da Primeira cruzada con aprovisionamentos cando estaban a manter o asedio de Antioquía ata que esta caeu en mans dos cruzados.Ghazarian 2000, p. 47, 49 Os cruzados, pola súa banda, apreciaron debidamente a axuda dos seus aliados armenios e Constantino foi honrado con agasallos, e co título de "marqués" e un título de cabaleiro.
A Cronoloxía de Samuel de Ani rexistrou que Constantino morrera pouco despois de que un raio golpease a súa mesa na fortaleza de Vahka; o que, xeralmente, é interpretado como un feito lendario. Foi enterrado en Castalon.
Casamento e fillos Segundo a Crónica de Alepo, a súa muller descendía de Bardas Phokas. Tivo os seguintes fillos:
Beatriz (en armenio, Բեատրիս Ռուբինյան) (? - antes de 1118), a esposa do conde Xoscelino I, conde de Edesa.Morton 2020, p. 86 Thoros I, señor da Cilicia armenia (? - 17 de febreiro de 1129 / 16 de febreiro de 1130). León I, señor da Cilicia armenia (? - Constantinopla, 14 de febreiro de 1140). unha filla de nome descoñecido que casou con Gabriel de Melitene.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de monarcas do reino armenio de Cilicia
Categoría:Nados no século XI Categoría:Finados no século XII Categoría:Historia de Turquía Categoría:Dinastía rubénida