Os Accipitriformes (do latín accipiter/accipitri- "gabián", e o neolatín -formes "que teñen a forma de") son unha orde de aves que inclúe a maioría das aves de presa diúrnas, entre elas os gabiáns, aguias, voitres e miñatos, pero non os falcóns (que se clasifican como falconiformes).
Durante longo tempo a opinión maioritaria dos ornitólogos era incluílos xunto cos falcóns na orde Falconiformes, pero moitas autoridades agora recoñecen como orde separada a Accipitriformes. Un estudo de ADN publicado en 2008 indicou que os falcóns non están estreitamente relacionados cos Accipitriformes, senón que están máis próximos aos papagaios e paseriformes. Desde entón, adoptouse a separación en dúas ordes taxonómicas e a colocación dos falcóns próximos aos papagaios de acordo co Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC) e co Comité de Clasificación Suramericano (SAAC) da Sociedade Ornitolóxica Americana, así como co seu Comité de Clasificación Norteamericano (NACC),. A Unión de Ornotólogos Británicos xa recoñeceu como orde a Accipitriformes, e adoptou o movemento de Falconiformes. A proposta baseada no ADN e as clasificacións da IOC e NACC inclúen os voitres do Novo Mundo en Accipitriformes,, mentres que a SACC clasifícaos nunha orde separada, os Cathartiformes.
Características Os Accipitriformes coñécense desde a metade do Eoceno e caracterízanse por ter un bico moi ganchudo cunha cera nos orificios nasais. As ás son longas e bastante anchas, axeitadas para o voo planado, coas catro plumas primarias externas emarxinadas.
Teñen fortes patas e pés con gadoupas raptoras e garras posteriores opoñibles. Case todos os Accipitriformes son carnívoros, cazando utilizando a vista durante o día ou ao solpor. Teñen unha duración da vida excepcionalmente longa e a maioría teñen baixas taxas reprodutivas.
As crías pasan por unha etapa longa para adquirir a plumaxe adulta pero de rápido crecemento, seguida de 3–8 semanas de coidados no niño despois de que fixeron o primeiro voo, e de 1 a 3 anos como adultos inmaturos. Os sexos teñen tamaños claramente diferentes e ás veces unha femia pesa o dobre que o macho. Este dimorfismo sexual é ás veces máis extremo en especies especializadas en cazar outras aves, como os Accipiter. A monogamia é a regra xeral, aínda que seleccionan unha parella alternativa se a outra morre.
Taxonomía Accipitriformes, actualmente con 262 especies e 75 xéneros e 4 familias existentes e posiblemente 1 familia extinta, é a orde de aves de presa diúrnas máis grande. As análises de secuencias de ADN suxiren que as diverxencias dentro de Accipitriformes empezaron aproximadamente no límite Eoceno/Oligoceno hai uns 34 millóns de anos, cunha división do grupo que incluía os xéneros Elanus e Gampsonyx do resto de xéneros de Accipitriformes.
A orde inclúe as seguintes familias:
Orde Accipitriformes Accipitridae (voitres, aguias, gatafornelas, gabiáns, miñatos) Pandionidae (aguias peixeiras) (1 ou 2 especies) Cathartidae (voitres catártidos e cóndores) Sagittariidae (paxaro secretario) Posiblemente inclúe tamén as extinguidas Teratornithidae.
Filoxenia baseada en Nagy, J. & Tökölyi, J. (2014).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Texto completo en AOU, COPO, BioOne. Inclúe unha revisión da literatura recente sobre a contoversia.
Falconiformes foi resecuenciado na versión 4.1 (7 de xaneiro de 2014)
Ligazóns externas
Categoría:Accipitriformes