Medio dólar do75 aniversario do Estado de California "½ Dollar California Diamond Jubilee". Numista.com"California Diamond Jubilee Half Dollar". United States Mint."Diamond Jubilee Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com150x150px150x150pxA/: Buscador de ouro de xeonllos, traballando. Data. Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / CALIFORNIA'S DIAMOND JUBILEE / 1925.R/: Oso gris, tomado da bandeira do Estado de Califirnia. Lendas: E PLURIBUS UNUM / UNITED STATES OF AMERICA / HALF DOLLAR Data: 1925. Ceca: US Mint: Ceca de San Francisco (marca "S"). Gravador: Joseph J. Mora. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 150.000 exemplares (deles, refundíronse 63.606). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.

O medio dólar do 75 aniversario do Estado de California (en inglés: California Diamond Jubilee half dollar) é unha moeda de prata dese valor facial emitida en 1925 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración do 75 aniversario do establecemento do Estado de California.

O Comité de Cidadáns de San Francisco desexaba emitir unha moeda conmemorativa para recadar fondos para a celebración da efeméride. Para tal efecto, un congresista de California xuntou a proposta de autorización desta moeda a outro proxecto de lei xa existente, que foi aprobado polo Congreso a principios de 1925.

Aínda que os deseños do escultor Joseph Jacinto Mora tiveron un acollemento hostil na Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, o Comité de Cidadáns non os cambiou e foron finalmente aprobados. Desde entón, a moeda foi amplamente gabada pola súa beleza.

Todos os exemplares do medio dólar do 75 aniversario de California foron cuñados en agosto de 1925 na Ceca de San Francisco, e a súa distribución levouse a cabo o mes seguinte. A súa comercialización non foi tan exitosa como se esperaba: só se cuñaron 150.000 moedas das 300.000 autorizadas, e delas case a metade non se venderon, polo que acabaron sendo refundidas.

Contexto histórico da efeméride

miniatura|O oso gris da bandeira de California inspira ou reverso.|260x260px As terras nas que se constituíu o Estado de California foron visitadas por primeira vez polos europeos cando o explorador español Juan Rodríguez Cabrillo chegou alí en 1542. O seu informe á coroa española suscitou pouco interese e non foi ata a chegada do mariño inglés Francis Drake en 1579 que os españois se animaron a colonizar a zona. Así e todo, durante os 275 anos seguintes, California tivo poucos colonos, sobre todo en torno á cadea de misións que se fundaron alí, tanto baixo o dominio español como, posteriormente, baixo o mexicano.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 69.

Segundo o autor numismático Arlie R. Slabaugh, "a chegada dos colonos americanos trouxo dous cambios a California que continúan hoxe en día: os inmigrantes (tanto estranxeiros como estadounidenses) e a actividade". En 1846, os colonos americanos rebeláronse contra o dominio mexicano e fundaron a República da Bandeira do Oso, en cuxa bandeira aparecía un oso gris. Mais a república durou pouco; comezara a guerra entre México e os Estados Unidos, e California foi ocupada polas forzas estadounidenses. Unha semana antes da sinatura do Tratado de Guadalupe Hidalgo, en xaneiro de 1848, James W. Marshall descubriu ouro en Sutter's Mill, o que desencadeou a coñecida como Febre do Oro de California, así como a creación do Estado de California en 1850.

Aprobación da emisión A creación da moeda partiu do desexo do Comité de Cidadáns de San Francisco, presidido por Angelo J. Rossi, de dispor dun medio dólar conmemorativo para vender como vía de recadación de fondos para unha celebración local en conmemoración do 75 aniversario de California como un dos estados da Unión."United States 1925-S California Diamond Jubilee Half Dollar". En Coin Week. 30 de maio de 2023.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 35. miniatura|Angelo J. Ross, presidente do Comité de Cidadáns de San Francisco, impulsor da creación do medio dólar conmemorativo.""Hizzonors" from all sections attend mayors conference...". Library of Congress.O 9 de xaneiro de 1925 presentárase un proxecto de lei no Senado para a creación dun dólar de ouro e dunha moeda de medio dólar de prata conmemorativos da Batalla de Bennington e da independencia de Vermont no período da guerra da independencia dos Estados Unidos. O proxecto foi aprobado polo Senado despois de que unha emenda eliminara o dólar de ouro.Taxay, D. (1967). Páxina 89. Cando ese proxecto se debateu na Cámara de Representantes o 16 de febreiro de 1925, o congresista californiano John E. Raker propuxo unha emenda para engadir unha moeda conmemorativa do 75 aniversario do Estado de California. O representante Albert Henry Vestal, presidente da Comisión de Moeda, Pesos e Medidas da Cámara de Representantes, opúxose enerxicamente e afirmou que a Casa da Moeda se opuña a producir "estas moedas especiais". Engadiu que, debido a isto, o representante de Washington Albert Johnson accedera a retirar o seu proxecto de lei para unha moeda conmemorativa na honra de Fort Vancouver, no Estado de Washington. No entanto, o congresista Raker insistiu e a súa emenda para a inclusión da nova moeda de California foi aprobada. O representante Johnson presentou, daquela, unha nova emenda para engadir tamén ao proxecto de lei un medio dólar conmemorativo do centenario de Fort Vancouver e, para desgusto de Vestal, tamén foi aprobada.Taxay, D. (1967). Páxinas 89-90. O proxecto de lei foi aprobado pola Cámara de Representantes, e o Senado aceptou as emendas da Cámara sen debate o 17 de febreiro de 1925.Congressional Reccord - Senate. Vol. 66. Part 4. 17 de febreiro de 1925. Páxina 3.930.

O secretario do Tesouro, Andrew W. Mellon, insistiu ao presidente Calvin Coolidge para que vetase a lei, con escritos como este:"Insurance of Commemorative Coins". En Hearings before the Committee on Banking and Currency House of Representatives. Washington, 5 de xuño de 1947. Páxina 6.

Malia estas presións, o presidente Coolidge asinou o proxecto de lei, que se converteu así na Lei do 24 de febreiro de 1925, pola que se autorizaban as tres moedas.Flynn, K. (2008). Páxina 350. Foi a primeira vez que a lexislación sobre moedas conmemorativas abranguía máis dunha emisión.Swiatek, A. (2012). Páxina 150. A lei autorizaba un total de 300.000 para a moeda conmemorativa do 75 aniversario de de California, e as pezas serían retiradas ao seu valor nominal en nome do Comité de Cidadáns pola San Francisco Clearing House Association ou a Los Angeles Clearing House Association. Este último grupo de bancos encargárase xa en 1923 da distribución do medio dólar do Centenario da Doutrina Monroe.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 179.

Preparación miniatura|Robert J. Grant era director da Casa da Moeda dos EEUU en 1925."Robert J. Grant". Library of Congress.O 4 de maio de 1925, o presidente do Comité de Cidadáns de San Francisco, Rossi, envioulle unha carta ao director da Casa da Moeda dos EEUU, Robert J. Grant, na que sinalaba que houbera un certo atraso na preparación do deseño do novo medio dólar, e que o senador de California Samuel M. Shortridge instara o Comité a seguir adiante sen demora. Rossi xuntou esbozos do escultor uruguaio-californiano Jo Mora, coa promesa de que a continuación se presentaría un deseño acabado e un modelo.Taxay, D. (1967). Páxina 103. Os membros do Comité de Cidadáns elixiran a Mora por unanimidade, considerando que era o único artista que podía captar o espírito da efeméride conmemorada.Brothers, E. (2014). Páxina 69.

Ao que se recibiron, os esbozos e a carta foron enviados á Comisión de Belas Artes, encargada desde 1921 de emitir ditames sobre o deseño das moedas, e logo a un dos seus membros, o escultor James Earle Fraser, que fora o deseñador da moeda de 5 centavos Buffalo. Fraser escribiu a Rossi o 18 de maio, para lle comunicar a desaprobación dos deseños por parte da Comisión: "o oso é demasiado curto, e o conxunto inexperto e afeccionado". Fraser recomendou que se contratase a Chester Beach —autor do deseño da moeda da Doutrina Monroe de 1923— ou a Robert I. Aitken —que creara a moeda de 50 dólares da Exposición Panamá-Pacífico de 1915—, xa que ambos eran de California e poderían crear "algo que sería moito máis interesante e cun maior sentido do que California é realmente".Taxay, D. (1967). Páxina 106.miniatura|Jo Mora (1876-1947), deseñador da moeda de medio dólar conmemorativa do 75 aniversario de California.Malia as recomendacións de Fraser, o Comité de Cidadáns seguiu a confiar en Mora, que realizou de camiño os esbozos acabados. Os autores Anthony Swiatek e Walter Breen, no seu traballo sobre as moedas conmemorativas estadounidenses, suxiren que o Comité de Cidadáns non contratou a Beach nin a Aitken por falta de tempo e tamén por non querer pagar os seus elevados honorarios.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxinas 35-36. Os modelos acabados enviáronse á Ceca de Filadelfia o 17 de xuño e remitíronse á Comisión de Belas Artes. Para daquela, Fraser xa non era membro da Comisión, e quen os recibiu foi o escultor Lorado Taft, xunto cunha nota na que se dicía que o Comité de Cidadáns non contratara a Aitken por mor do alto custo e porque os novos deseños eran pouco mellores que os anteriores. Porén, tanto Taft como outro membro, Louis Ayres, recomendaron a súa aceptación. Ayres suxeriu que se colocase o lema nacional IN GOD WE TRUST "nalgunha posición na que non parecese que os buscadores de ouro o estaban a fritir en aceite". O historiador numismático Don Taxay afirmou que este consello non se seguiu, á falta dunha posición alternativa na que colocar o lema.

Logo de aceptados os deseños, a Casa da Moeda creou cuños de traballo baseados no modelo de xeso, en xullo de 1925. Estes cuños enviáronse desde Filadelfia ata a Ceca de San Francisco, onde se cuñaron 150.000 moedas en agosto, ademais doutras 200 reservadas para a súa inspección e proba na reunión de 1926 da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 36.

Deseño

Descrición miniatura|Fotografía dun buscador de ouro de California (1850), similar á imaxe do anverso do medio dólar conmemorativo do 75 aniversario de California.Brinkley, D. (1998). History of the United States. Viking, Nova York. Páxina 151. ISBN 978-0670869664 Na creación do medio dólar, Mora utilizou motivos que evocan a California na época da creación do estado en 1850. O anverso representa un buscador de ouro medio axeonllado, coa súa tixola, procurando anacos de ouro aluvial. Pola súa banda, o reverso parte dunha adaptación da bandeira de California, coñecida como a "bandeira do oso", amosando a figura dun un oso gris camiñando cara á esquerda.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 178. Mora deixou o campo da moeda sen puír, o que lle outorga á moeda un aspecto texturizado.

Valoración da crítica