La Radiolina é o cuarto álbum de estudio de Manu Chao. Lanzouse o 4 de setembro de 2007. Italia tivo unha estrea anticipada do álbum o 30 de agosto dese mesmo ano.
"Rainin in Paradize", o primeiro sinxelo do álbum, estivo dispoñíbel antes da súa estrea oficial para descargalo na súa páxina web. O sinxelo conta cun vídeo musical dirixido polo cineasta serbio Emir Kusturica. Tamén ten un vídeo para a canción "Me Llaman Calle", co propio Manu Chao actuando nun bar local.
Linguas e estilo O título do álbum La Radiolina significa a pequena radio en italiano, e fai referencia a un pequeno transistor de radio. O álbum ten como lingua principal o castelán. "Politik Kills", "Rainin In Paradize", "The Bleedin Clown" e as primeiras dúas liñas de "Siberia" están en inglés; "Besoin de la Lune" e "Panik Panik" están en francés; "A Cosa" está en italiano, sendo a primeira canción de Manu Chao nesta lingua; "Amalucada Vida" está en portugués brasileiro.
Musicalmente, o álbum presenta un marcado estilo de Manu Chao no cal se reutilizan bases instrumentais con diferentes letras e melodías:
Lista de cancións 13 Días Tristeza Maleza Politik Kills Ranin in paradise Besoin de la Lune El Kitapena Me Llaman Calle A Cosa The Bleedin Clown Mundorévès El Hoyo La Vida Tómbola Mala Fama Panik Panik Otro Mundo Piccola Radiolina Y Ahora Qué ? Mama Cuchara Siberia Soñe Otro Mundo Amalucada Vida
Créditos Manu Chao – voz e guitarrastodos os créditos extraídos do folleto do CD La radiolina Madjid Fahem – guitarra e baixo David Bourguigon – batería Jean Michel Dercourt a.k.a. Gambeat – baixo e coros Roy Paci – trompetas Angelo Mancini – trompeta en "Politik Kills" Tonino Carotone – voz e harmonías "A Cosa" Amadou Bagayoko – guitarra en "A Cosa" Cheik Tidiane – teclado en "A Cosa" Flor – coros en "A Cosa" Beatnik – voz en "Tristeza Maleza" José Manuel Gamboa e Carlos Herrero – guitarra flamenca en "Me Llaman Calle" Escritura, composición e produción – Manu Chao Mestura – Mario C., Andrew Scheps, Manu Chao e Charlie VDE Farravox Masterización – Adam Ayan en Gateway Sound Deseño de arte – Manu Chao e Wozniak Fotografías – Chucolinai
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas La Radiolina na páxina de Manu Chao
Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums de Manu Chao