Luís López Bueno, nado en San Miguel de Castro, A Estrada, o 9 de novembro de 1993, é un político do PSdG-PSOE e porteiro de fútbol galego.
Traxectoria miniatura|Papeleta de Pontevedra para o Senado nas Eleccións xerais de 2023. Estudou Dereito e Mestrado en administración de negocios na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou nunha cooperativa galega do sector tecnolóxico e actualmente como tramitador procesual e administrativo no Servizo de Xustiza da Xunta de Galicia. Xogou de porteiro, entre outros equipos, no Praiña Sportíng Club, na Sociedade Deportiva Bandeira e no Club Deportivo Lalín.Eleccións municipais na Estrada. Candidatos (2019) Faro de Vigo.
Secretario xeral das Xuventudes Socialistas da Estrada entre 2016 e 2019, encabezou a lista do seu partido nas Eleccións municipais de 2019 e nas Eleccións municipais de 2023. Nas Eleccións xerais de España de 2023 foi de número dous na lista socialista para o Senado por Pontevedra, tras Carmela Silva.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais na Estrada Ligazóns externas Agrupación Socialista da Estrada
Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1993 Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros da Estrada Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela